1.- ¿Que son os estándares?
Os estándares son acordos internacionais ou normas establecidas por consenso mundial que conteñen as especificacións técnicas e de calidade que deben reunir productos e servicios para cumplir satisfactoriamente coas necesidades para as que foron creados e para poder competir internacionalmente en condicións de igualdade.
En 1947 inicia as súas actividades a ISO (International Organization for Standarization). Desde a súa creación, este organismo internacional non gubernamental foi o responsable de crear, emitir e certificar todas as normas internacionais de estandarización.
No campo educativo, a evolución das Tecnoloxías da Información e da Comunicación e o crecemento acelerado de Internet en xeral e do e-learning en particular, crearon a necesidade de que se regulen tamén os seus productos e servicios. Así surxiron organizacións que empezaron a traballar na elaboración de estándares e especificacións para o deseño de entornos tecnolóxicos no concerniente ó proceso de Ensino-Aprendizaxe con novas tecnoloxías e en rede.
Ao falar de estándares en e-learning facemos referencia a un conxunto de directivas comúns para as empresas do sector. Estas regras especifican como deben os desarrolladores de tecnoloxía construir as plataformas, os contenidos, etc.
2.- ¿Para que sirven os estándares en e-learning?
Nas actuais solucións de e-learning os contidos preparados para un sistema non se poden transferir de forma sinxela a outro. Os estándares en e-learning son o vehículo a través do cal será posible dotar de flexibilidade as solucións e-learning.
Nun entorno onde varias empresas se disputan o mercado da formación on-line, (por un lado creando plataformas, por outro contidos e servicios para integrar nestas), apareceron institucións que pretenden reglamentar unha normativa que defina as especificacións estándares ás que deberían ceñirse os entornos de formación. O seu propósito non é outro que o de adoptar especificacións que permitan que contidos e entornos de aprendizaxe distribuido de múltiples autores poidan traballar xuntos.
O que se persigue cos estándares en e-learning, é o seguinte:
- Durabilidade: referida a evitar a obsolescencia dos cursos
- Interoperabilidade: Intercambio de información entre os diferentes LMS
- Reusabilidade: fai referencia a que os distintos cursos e obxcetos de aprendizaxe poidan reutilizarse en diferentes ferramentas e distintos LMS
Vantaxes de estandarizar:
- Incrementar a cantidade e a calidade dos contidos
- Posibilitar o intercambio de cursos (compra-venta)
- Persoalizar os contenidos e reutilizalos.
- Asegurar a compatibilidade con diferentes plataformas.
- Garantir o intercambio de contidos entre diferentes entornos virtuais de formación.
- Permitir a búsqueda de contidos por toda a rede.
- Fomentar a profesionalización na elaboración de contidos.
- Iniciar sistemas de compra-venta de contidos.
- Aumentar a eficiencia dos contidos on-line desenvolvidos, ademáis de facilitar a súa xestión.
- Garantir a viabilidade futura da inversión en e-learning dunha empresa, o que impide que a empresa non dependa dun único LMS, de modo que, en caso de cambiar de plataforma, a inversión realizada en contidos, non se perda.
- Aumentar a oferta de cursos dispoñibles no mercado
- Os productos non quedarán obsoletos a curto prazo
Os distintos estándares que se desarrollan actualmente para a industria de e-learning, acostuman a facer referencia ó:
- Contido: Estructura do contido, empaquetamento do contido, etc.
- Alumno: Almacenamento e intercambio de información do alumno, habilidades do alumno, privacidade e seguridade, etc.
- Interoperabilidade: Integración de compoñentes nun LMS, interoperabilidade entre diferentes LMS, etc.
Cabe destacar que non existen estándares de e-learning dispoñibles hoxe en día; o que existen son unha serie de organizacións que desenvolven especificacións (protocolos).
3.- Organizacións que desenvolven especificacións en e-learning
As máis importantes iniciativas para lograr especificacións e estándares en e-learning, son:
- Aviation Industry CBT Committee (AICC): O Aviation Industry Computer-Based Training Committee (Comité de formación basado en ordenadores da industria da aviación) é unha asociación internacional que agrupa a profesionais do sector da formación basada na tecnoloxía que se adica a elaborar pautas para o desenvolvemento, a entrega e a avaliación de tecnoloxías de formación. Está composto polos seguintes subcomités
- Computer Managed Instruction (CMI)
- Communication
- Digital Electronic Library Systems (DELS)
- Independent Test Lab
- Management and Processes
- Training Infrastructure
- Training Technology
As publicacións de AICC referentes ás especificacións denomínanse AICC Guidelines and Recommendations (AICC AGRs). Estas especificacións cubren as seguientes áreas:
- AGR 001: AICC Publications
- AGR 002: Courseware Delivery Stations
- AGR 003: Digital Audio
- AGR 004: Operating/Windowing System
- AGR 005: CBT Peripheral Devices
- AGR 006: Computer-Managed Instruction
- AGR 007: Courseware Interchange
- AGR 008: Digital Video
- AGR 009: Icon Standars: User Interface
- AGR 010: Web-Based Computer-Managed Instruction
A guía máis seguida é a AGR 010 que fai referencia á interoperabilidade de plataformas de formación e os cursos resolvendo os problemas de comunicación entre os cursos e o LMS e o poder subir a un LMS un curso desarrollado por terceiros. AICC dispón dun Test Suit que permite ás empresas verificar que os seus productos cumplen as especificacións elaboradas por este organismo outorgándolles certificados.
- Institute for Electrical and Electronic Engineers. Learning Technology Standars Committee (IEEE-LTSC): O IEEE é un grupo multinacional que desenvolve estándares internacionais para sistemas eléctricos, electrónicos, computacionais e comunicacionais. Está organizado en distintos comités, e un deles é o Learning Technology Standars Committee (LTSC) o comité para os Estándares da Tecnoloxía da Aprendizaxe. Unha das súas especificacións máis coñecida fai referencia ós Metadatos dos Obectos de Aprendizaxe ou Learning Object Metadata (LOM); é dicir, o LTSC o que intenta é facilitar o desenvolvemento e a reutilización de contidos. Este organismo recolleu o trabajo de AICC e mellorouno. O LTSC ten máis dunha ducia de grupos de traballo (working groups ou WGs) que desenvolven especificacións para a industria do e-learning:
- Grupos de traballo adicados a actividades xerais:
- Grupos de traballo relacionados con datos e metadatos:
- Grupos de traballo relacionados cos LMS e as aplicacións:
O LTSC traballa de forma coordinada co subcomité da ISO JTC1SC36 (formado pola ISO e o International Electrotechnical Commission) adicado á normalización no ámbito das Tecnoloxías da Información para a formación, educación e aprendizaxe.
IMS e ADL utilizan os elementos e a estructura LOM nas súas especificacións.
- IMS Global Learning Consortium: O IMS é un consorcio que agrupa a vendedores, productores, implementadores e consumidores de e-learning. As especificacións IMS cubren un amplo rango de características que se intentan facer interoperables entre plataformas que van desde os metadatos, a interoperabilidade de intercambiar o deseño instruccional entre plataformas, ata a crecación de cursos on line para alumnos que teñan algunha discapacidade visual, auditiva, etc. O IMS recolle o traballo da IEEE. O seu obxectivo é a creación de especificacións que engloben as recomendacións da propia IEEE e da AICC.
-
IMS elabora as seguintes especificacións:
1. Especificacións usadas para describir, descubrir e intercambiar contidos
2. Especificacións para a interacción co contido e o seguimento
3. Especificacións para a interoperabilidade das aplicacións
IMS conta cun centro en Gran Bretaña (CETIS) e outro en Australia (IMS Australia Centre).
Nesta ligazón pode consultar que productos e organizacións soportan as especificacións IMS.
As especificacións SCORM 1.2 organízanse en 3 libros técnicos:
- Book 1: The SCORM Overview
- Book 2: The SCORM Content Aggregation Model
- Book 3: The SCORM Run-Time Environment
ADL dispón de dous centros para outorgar certificados ós productos que superen o Test Suite Version 1.2.3 dacordo ás especificacións SCORM 1.2, a saber :
- Wisconsin Testing Organization
- Naval Undersea Warfare Center (NUWC) Division Keyport
4.- ¿Que productos e organizacións cumpren as especificacións destes organismos?
Nas páxinas web oficiais das distintas organizacións, pódese consultar que productos e organizacións cumplen as súas especificacións. Seguidamente proporcionamos as ligazóns ós listados de empresas e productos que cumpren as diferentes especificacións.
5.- Organizacións Europeas que desenvolven especificacións en e-learning.
-
ARIADNE: a Alliance for Remote Instructional and Authoring and Distribution Networks for Europe (Alianza para as Redes de Instrucción e de Dereitos de Autor a Distancia ) centra a súa actividade no desenvolvemento de ferramentas e protocolos que sosteñen producción, o almacén, o suministro e a re-utilización de elementos de aprendizaxe.
- CEN/ISSS WS-LT: o CEN " Information Society Standardisation System " (Sistema de Estandardización da Sociedade da Información) lanzou un workshop sobre as tecnoloxías da aprendizaxe en marzo do 1999, co obxectivo de fomentar o mercado das tecnoloxías da aprendizaxe e tamén a Sociedade d información europea con servicios e productos relativos ós estándares.
6.- Listas de Distribución sobre estándares:
|