¿Que son?
Os Sistemas de Xestión da Aprendizaxe, Plataformas de Teleformación, Entornos Virtuais de Ensino-Aprendizaxe (EVE-A) ou Sistemas Telemáticos de Teleformación son ferramentas informáticas que se utilizan para a creación, xestión e distribución de actividades formativas a través de Internet . É dicir, son aplicacións software que instaladas nun servidor permiten a creación de entornos de ensino-aprendizaxe, integrando materiais didácticos, ferramentas de comunicación, ferramentas de colaboración, ferramentas de avaliación, ferramenteas de xestión, etc.
¿Para que sirven?
Os Sistemas de Xestión da Aprendizaxe, tal e como comentamos, sirven para crear e impartir cursos ou accións formativas a través de Internet.
¿Onde podo acceder a un Sistema de Xestión da Aprendizaxe?
Se eres un investigador ou docente do Sistema Universitario de Galicia, para poder acceder a un SXA non tés máis que solicitalo á universidade á que pertences. No caso de que sexas un profesional do ensino non universitario, a propia Consellería de Educación ou incluso o teu centro pode dispoñer dun SXA. En calquera caso, o Cesga dispón de Aula Cesga, un entorno virtual de ensino aprendizaxe que podes utilizar de valde.
No caso de que sexas unha empresa, e queiras dispoñer dun SXA para impartir cursos, podes contratar este e outros servizos a empresas proveedoras de e-learning, que no caso de Galicia poderás encontralas no Directorio de Empresas Proveedoras de e-learning en Galicia.
|