|
Unha lista de distribución é unha ferramenta de traballo colaborativo que permite a grupos de persoas interesadas nunha mesma temática intercambiar información por correo electrónico sobre temas concretos ou especializados.
As listas de distribución son unha derivación directa do correo electrónico e a súa utilidade consiste en que un grupo de usuarios/as pode enviar e recibir toda a información das persoas que estean subscritas a esa lista. Esta é unha forma sinxela de que persoas interesadas nun mesmo tema se intercambien información e manteñan actualizadas. Isto pode plantexar problemas de saturación na conta de correo cando unha determinada lista de correo prolifera na xeneración de novas ou cuando un determinado usuario/a estea subscrito a varias lista de distribución. Polo tanto, recoméndase subscribirse so a aquelas listas que realmente sexan de interese e retirar as novas recibidas da bandexa de entrada da conta de correo periodicamente.
Quero subscribirme a unha lista de distribución, ¿que teño que facer?
Para subscribirse a unha lista de distribución é preciso,
¿Onde podo encontrar listas de distribución?
Hai moitísimas listas de distribución de temática moi diversa. As listas de distribución existentes en Red Iris no eido ducativo pódelas consultar aquí; mentres, nesta outra páxina podes encontrar unha clasificación temática das listas existentes en Red Iris.
¿Podo crear unha lista de distribución?
Se formas parte da rede académica ou científica española, podes creala en Red Iris. Se eres un particular, hai portais que ofrecen este servicio de valde, como e-listas.
Listas de distribución sobre e-learning.
De seguido proporcionamos unha pequena relación de listas de distribución de ámbito nacional e internacional relacionadas co e-learning:
|