Ferramentas básicas de comunicación: Os Foros de Discusión
Un foro de discusión, como o seu equivalente tradicional, é un espazo virtual onde se realizan debates sobre temas concretos ou especializados. Tamén se coñece por "grupo de debate" News ou USENET.
Os foros facilitan a discusión ou o intercambio de información entre grupos de usuarios interesados nunha temática común.
Os foros de discusión, ó igual cás listas de distribución poden ser públicos ou privados e moderados ou non moderados. A un foro público pode acceder calquera persoa, mentres que a un foro privado só se pode acceder si nos rexistramos previamente. No caso dos foros moderados, nestes, as opinións están sometidas ó xuizo do moderador ou administrador do sistema, mentres que nun foro non moderado non hai ninguén que revise as opinións expresadas.
¿Como podo acceder a un foro?
Pódese acceder a un foro simplemente dispoñendo dun navegador web, e escribindo o enderezo. Por exemplo, para acceder ós foros do Cesga, hai que escribir o seguinte enderezo: http://foros.cesga.es
¿Como podo crear un foro?
Hai sitios web nos que podes crear un foro de valde. Se o que queres pola contra é instalar un sistema de xestión de foros, hainos de software libre con moitas funcionalidades, como é o caso do phpbb.