|
Introdución
Hoxe utilizamos o termo "Internet" para moitas ferramentas de comunicación que viñeron da man desta macro rede de comunicacións mundial. Neste apartado imos ver as máis básicas, e que seguen sendo, as máis útiles e empregadas para facilitar a comunicación entre persoas e/ou grupos.
O Correo Electrónico
O correo electrónico é moi parecido ao correo ordinario. Consiste no envío e recepción de "cartas" escritas, que podemos ver no noso ordenador (ou noutros medios como móbiles, tv,...). A razón que fai deste medio o máis popular de tódalas ferramentas de comunicación de Internet é a súa sinxeleza e rapidez. Unha carta que enviemos a outra persoa doutro lado do mundo só tarda uns intres en chegar ao seu destino.
Estas son as principais vantaxes do correo-electrónico:
- Custe: O e-mail é moito mais barato có correo común. O custo de envio non aumenta coa distancia: custará o mesmo sen importar a que parte do mundo vaia.
En xeral, o custo do correo electrónico calcúlase en base ao custo de conexión que se teña co provedor de Internet -máis un custo fixo anual, se pagamos polo servizo. O tempo de consumo varía dacordo ao tamaño do arquivo a trasferir (usualmente non tarda máis duns poucos segundos).
- Flexibilidade : O e-mail permite enviar desde anuncios xerais, revistas electrónicas, planiñas de cálculo, ata vídeos, fotos ou calquera tipo de arquivo. So hai que codificar os arquivos de forma especial para que poidan viaxar (usualmente os programas de correo fano de forma automática). Ademais, os arquivos chegan ao seu destino en formato dixital, de modo que quen os reciba poderá modificalos ( se é unha foto, por ex. poderá mudala , achicala, etc.).
Incluso podemos enviar "correos de voz" ou "video-mensaxes" en vez de enviar a carta escrita. Para estas dúas variantes necesitaremos doutros dispositivos: micrófonos, cámaras de videoconferencia, etc.
-
Velocidade: O correo electrónico é moi veloz. Non importa o lonxe que se atope o destinatario/a, a mensaxe non pode tardar máis de catro minutos en viaxar dun extremo ao outro do planeta. Sen embargo, poden ocorrer demoras debido á forma en que algunhas compañías distribúen internamente o seu correo electrónico (por ex. as que só o retiran do seu provedor catro veces por día) ou simplemente porque o destinatario non lerá a súa mensaxe ata a mañá seguinte.
-
Comodidade: Quen recibe unha mensaxe por e-mail pode respondela cando o desexe. Non estará condicionado/a polas circunstancias, como normalmente acontece no caso das chamadas telefónicas. A propósito disto, ultimamente as estatísticas indican que as persoas acostuman responder máis ao seu e-mail que as súas chamadas telefónicas. Ademais, basta con premer o botón "reply" para contestar, sen ser necesarios nin sobres nin selos nin unha visita ao buzón de Correos.
O proceso desde que o emisor/a escribe a carta e preme "enviar" sigue os pasos que indica o gráfico: O correo pasa por un servidor, que á súa vez contacta co servidor do receptor/a da carta. Aí almacénase ata que o receptor/a abra o seu programa xestor de correo electrónico e comprobe se ten algunha nova carta. É un medio de comunicación asíncrono. O receptor/a e o emisor/a non necesitan estar á vez conectados.

Os enderezos de correo electrónico, por exemplo sempre conservan un mesmo formato: o nome do usuario/a ou serviz á esquerda, (teleensino), o símbolo @ -at en inglés-, o lugar o proveedor do servizo de correo (cesga) e o pais ou dominio (.es para España, .pt para Portugal, .com para dominios xerais, .org para organizacións, etc.). Algúns enderezos poden ter máis subelementos, pero sempre seguindo o esquema de "máis individual a máis xeral", por exemplo: carmen.barros.pintos@pntic.mec.es (a forma de "entendelo" sería: Carmen Barros Pintos, da organización Pntic, que depende do MEC, que está en España.
Podes encontrar máis información relativa ó correo electrónico, no seguinte enderezo: http://es.wikipedia.org/wiki/Correo_electr%C3%B3nico
|
E-mail: ¿Que me fai falla?
|
|
-
-
-
Se vostede dispoón dunha conta de Webmail (correo en web), non lle fai falla un programa cliente para ler o enviar o seu correo. Só necesita o seu navegador de páxinas web para enviar e recibir correos electrónicos. Aquí ten un listado.
Utilización didáctica do Correo Electrónico
En e-learning o correo electrónico utilízase fundamentalmente como un medio de comunicación entre alumnos/as e entre alumnos/as e profesores/as. Ademáis de poder utilizalo para intercambiar información, o correo electrónico tamén permite adxuntar ficheiros posibilitando o intercambio de arquivos entre persoas. Por exemplo, un alumno/a pode enviar un traballo que está a facer ao seu profesor/a mediante un documento adxunto a través do e-mail en lugar de ter que desprazarse ata o despacho do docente.
|

|