Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Home » News » Communications » RECETGA realiza con éxito probas de telefonía sobre redes IP entre centros de investigación galegos
Highlights

Users Online
283 guests online
Total since 21-12-05: 74815053 visitors
ISO 9001:2008

MGMT EXCELLENCE

Accessibility

RECETGA realiza con éxito probas de telefonía sobre redes IP entre centros de investigación galegos PDF E-mail
Foron realizadas con éxito as probas de servizo de telefonía IP a través da RECETGA (Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia) entre o Centro de Supercomputación de Galicia en Santiago e o Parque Tecnolóxico de Galicia en Ourense. As probas realizáronse interconectando as centraliñas de ámbolos dous centros utilizando pasarelas conectadas a través de RECETGA. Esta conexión permite realizar chamadas entre os centros de RECETGA sen custo adicional.

Como parte das probas, o Director do Centro de Supercomputación de Galicia, Javier García Tobío, e o Director do Parque Tecnolóxico de Galicia en Ourense, José Luis Caaveiro, mantiveron unha conversa telefónica transmitida utilizando técnicas de voz sobre IP. Nesta conversa, os dous expresaron a súa satisfacción pola calidade, fidelidade e fiabilidade do servizo, facendo especial fincapé na claridade e continuidade da transmisión.

Normalmente, os usuarios deste sistema experimentarán unha calidade de transmisión equivalente se non idéntica á dunha transmisión telefónica tradicional, xa que os retrasos que produce o sistema son inapreciables grazas á tecnoloxía de banda ancha que RECETGA incorpora.

Coa implantación deste tipo de sistemas, os centros de investigación verán reducidos os seus gastos en comunicacións xa que realizar chamadas a outros centros conectados a través do mesmo sistema non lles suporá custo algún. Isto permite unha rápida amortización do investimento nos equipos.

Un dos servizos que se vén prestando ás universidades é a interconexión de cada universidade cos seus campus a través de circuitos virtuais permanentes, que son utilizados para enlazar as centraliñas de telefonía. Isto supón un grande aforro, ao permitir intercambiar entre eles chamadas de telefonía sen custo adicional. RECETGA foi co-financiada por FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional).

O CESGA está a estudar diversas propostas que permitirán difundir proximamente a transmisión de voz a outros centros de investigación utilizando diversas tecnoloxías de VoIP (Voz sobre IP) e VoATM (Voz sobre ATM).

As Pasarelas, os equipos conectados ás centraliñas que permiten este tipo de comunicación, foron facilitadas para esta proba pola empresa Aplicaciones Informáticas y Comunicaciones Avanzadas (a.i.c.a.) con sede no Parque Tecnolóxico de Galicia.

Last Updated ( 12.09.2005 )
Master HPC

CESGA SUPPORTS

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Projects

Gelato´s Member

Acreditación EUGridPMA

Last updates
Dominio galego

MONTHLY VIRUS ALERT

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA