O 28 de outubro comezarán oficialmente as experiencias pedagóxicas do Proxecto A PONTE
Comezan as experiencias pedagóxicas: O día 28 de outubro comezan oficialmente as experiencias pedagóxicas coa utilización das novas tecnoloxías nos centros. O tema de traballo das experiencias será a Unión Europea. Os profesores e alumnos traballarán no seu centro e con outros centros, incluídos os portugueses, para desenvolver unha unidade didáctica sobre este tema. Entre as actividades encóntranse, entre outras, a utilización do correo electrónico para intercambio de información e ideas sobre Europa, a busca na Web e a utilización do chat. Manterémosvos informados da evolución.
Estreamos a sección "Universidade": Nela pódese acceder a diferentes recursos relacionados co sistema universitario galego e portugués. O obxectivo e o de incentivar as actividades entre os centros de secundaria e a Universidade http://www.aponte.org/Actividades/uni.html