Dende o día 3 ao día 5 de novembro, os membros do Consorcio A Ponte reuníronse en Ponte de Lima para tratar diversos aspectos da evolución do Proxecto A Ponte. Así mesmo, celebrouse o II Workshop A PONTE, coa asistencia dos profesores implicados no Proxecto, tanto portugueses como galegos. As intervencións foron encamiñadas cara a descrición do arranque das experiencias pedagóxicas que comezan neste mes de novembro, e prolónganse ata o próximo mes de marzo. Este encontro deulles aos profesores galegos e portugueses a oportunidade de intercambiar impresións e describir a súas experiencias neste Proxecto.
Coincidindo con estas actividades, levouse a cabo a segunda revisión da Comisión Europea para o desenvolvemento de A PONTE.
Os membros da comisión decidiron dar luz verde á continuidade do proxecto e, polo tanto, das experiencias pedagóxicas. Durante a revisión repasáronse, unha por unha, as actividades desenvolvidas ata agora, así como as previstas para o futuro. O seguinte exame da comisión terá lugar dentro de seis meses.