Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Home » News » General » Normativa referente á nova Lei de Protección de Datos
Highlights

Users Online
333 guests online
Total since 21-12-05: 75434233 visitors
ISO 9001:2008

MGMT EXCELLENCE

Accessibility

Normativa referente á nova Lei de Protección de Datos PDF E-mail
A Lei Organica 15/1999 ten por obxecto garantir e protexer, no tocante ao tratamento dos datos persoais, as liberdades públicas e os dereitos fundamentais das persoas físicas, e especialmente o seu honor e intimidade persoal e familiar.

Esta Lei aplicarase tanto aos arquivos públicos como aos privados que conteñan datos de carácter persoal.

Considéranse "Datos de Carácter Persoal": calquera información concerniente a persoas físicas identificadas ou identificables.

Considerase "Arquivo": Todo conxunto organizado de datos de carácter persoal, calquera que fose a forma ou modalidade da súa creación, almacenamento, organización e acceso.

Entre outras, esta Lei obriga a todas as persoas físicas ou xurídicas que produzan ou manteñan arquivos con datos de carácter persoal a (1) notificar en tempo e forma á AGENCIA DE PROTECCIÓN DE DATOS e (2) a ter definidos e implantados unha serie de protocolos e normas que velen pola seguridade e proteción destes arquivos.

Dependendo do tipo de información contida nos arquivos, a lei establece tres tipos de protocolos e normas no referente a NIVEIS DE PROTECCIÓN DOS DATOS. A Lei establece un nivel básico de protección e a obriga de notificación para todos os arquivos que conteñan datos persoais. A lei tamén establece niveis especiais de protección (nivel medio e alto) para arquivos que conteñan información persoal referente a: ideoloxía, afiliación sindical, relixión, creencias, orixe racial, saúde ou vida sexual.

Se vostede ou a súa organización manteñen arquivos con datos de tipo persoal recomendámoslle encarecidamente que visite o URL da devandita axencia estatal (http://www.ag-protecciondatos.es/ )

Last Updated ( 12.09.2005 )
Master HPC

CESGA SUPPORTS

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Projects

Gelato´s Member

Acreditación EUGridPMA

Last updates
Dominio galego

MONTHLY VIRUS ALERT

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA