Desconexion definitiva do servidor de cálculo HPC4500
Despois de seis anos da súa entrada en funcionamento o servidor de cálculo HPC4500 deixará de prestar servicio en xuño deste ano.
Dende o mes de xaneiro deste ano os investigadores que aínda tiñan códigos e datos almaceados neste servidor puideron atopar cabida para as súas simulacións noutros servidores de cálculo con maiores prestacións de procesamento.