Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Novas » Proxectos » Proxecto FUNDUSNET: Validación do telediagnóstico na retinopatía diabética
Destacados

Conectados
450 visitantes
Total dende 21-12-05: 74816016 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

Proxecto FUNDUSNET: Validación do telediagnóstico na retinopatía diabética PDF E-mail
A diabete é a primeira causa de cegueira por baixo dos 65 anos nos países desenvolvidos, a pesar de que un diagnóstico precoz e a eficacia terapéutica actual pode reducir claramente o risco de perda visual severa. O exame regular do fondo de ollo nos pacientes diabéticos é básico para o control da enfermidade. Sen embargo, este exame, que xera un gran número de visitas ó oftalmólogo, é aínda moi baixo, incluso nos países máis industrializados.

A demanda desta poboación supera actualmente a posibilidade de atendela adecuadamente nas unidades especializadas en diabete ocular. A avaliación e manexo da retinopatía diabética é unha aplicación factible da telemedicina, xa que esta baséase en gran medida no diagnóstico por imaxe.

A CICYT contribuíu coa financiación para este proxecto sobre telemedicina dirixido pola Unidade de Retina Médica e Diabete Ocular do CHUS en colaboración co CESGA. Este traballo de investigación, que se vén desenvolvendo desde outubro de 1998, entrou xa na súa recta final, e en poucos meses terémo-los resultados definitivos.

FUNDUSNET ten por obxectivo a validación dun sistema a distancia que permita que un centro de referencia altamente cualificado poida diagnosticar e asesorar nun breve prazo de tempo. Para isto tomanse imáxes dixitais da retina a través de cámaras non midriáticas en unidades periféricas de consulta e envianse a través da rede o centro de referencia para o seu telediagnóstico. Para coñece-la fiabilidade e especifidade do método, as diagnoses resultantes da exploración da imaxe dixital son contrastadas coas diagnoses emitidas a través de exame directo do mesmo fondo de ollo e a través das imáxes tomadas en diapositivas.

Unha vez se teña comprobada a validez do método para facer diagnósticos eficaces cun grao de confianza suficiente, o centro de referencia, coordinado por un experto en diabete, e coa axeitada formación en sistemas de análise e tratamento de imáxes, asesorará sobre o diagnóstico e seguimento recomendado de cada paciente en menos de 24 horas (telediagnóstico). Ofrécese tamén a posibilidade de teleconsulta cunha resposta en menos de 2 horas podendo ser nalgúns casos on line. Deste xeito poderemos:

Evita-la progresión da enfermidade ante a espera da súa valoración por un centro cualificado.

Evita-lo desprazamento innecesario de pacientes fóra da súa área sanitaria e incluso do seu centro asistencial.

Diminuí-los custos socioeconómicos ó mellora-lo nivel diagnóstico-terapéutico na loita contra a perda visual (desprazamentos, perda de horas de traballo para acudir a un centro distante do lugar de traballo, baixas, permisos laborais, grande invalidez).

Crear unha prestación sanitaria eficaz, estable e con posibilidades de expansión.

Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA