Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Novas » Xeral » e-Ciencia
Destacados

Conectados
2354 visitantes
Total dende 21-12-05: 72720613 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

e-Ciencia PDF E-mail
Representantes de 14 institucións dedicadas ao I+D+i presentaron hoxe unha proposta de creación dunha rede de centros con infraestruturas de grande capacidade de cálculo e almacenamento accesibles desde as principais institucións de investigación do Estado, e o desenvolvemento de ferramentas que fagan posible a colaboración entre eles.

Esta proposta foi dada a coñecer no marco das "Xornadas de e-Ciencia en España", nunha ponencia conxunta realizada polo Director de Programas e Estudos da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, José Manuel Báez, o Director do Centro Nacional de Supercomputación en Barcelona, Mateo Valero, o investigador do Instituto da Saúde Carlos III, Fernando Martín, e o Director do Centro de Supercomputación de Galicia, Javier García Tobío.

 A proposta, entre cuxos autores figuran científicos de institucións como o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), a FECYT, a rede estatal de comunicacións de investigación, RedIRIS, o Instituto Nacional de Metereoloxía e a Axencia Espacial Europea e investigadores da Universidade Politécnica de Cataluña; a Universidade Autónoma de Barcelona e a Universidade Politécnica de Madrid, así como os Centros de Supercomputación de Galicia e Cataluña, recóllese nun documento que se presentará proximamente ante o Ministerio de Educación e Ciencia, e que foi bautizado co nome "Proposta organizativa da e-Ciencia en España".
 
Os autores do documento coincidiron en sinalar a extrema importancia de que España non quede atrás na construción de infraestruturas accesibles a través de redes de moi alta capacidade de transferencia de datos que fagan posible que os distintos centros de investigación do Estado colaboren de maneira máis estreita.
 
Dita infraestrutura permitirá compartir os recursos dos que os centros dispoñen: capacidade de cálculo, capacidade de almacenamento e información procedente de instalacións e instrumentos científicos tan custosos como radiotelescopios, satélites, sensores, etc.
 
Neste sentido, Javier G. Tobío do CESGA sinalou a importancia de "crear unha infraestrutura capaz de garantir a transmisión de grandes cantidades de datos, que permitan compartir en remoto aqueles recursos que xa existen e que agora se atopan utilizados por comunidades científicas e reducidas de investigadores", pero tamén a necesidade de investir noutros recursos que fan posible esta colaboración de xeito efectivo.
 
Pola súa banda, o director do Centro Nacional de Supercomputación en Barcelona, Mateo Valero, manifestou o seu temor ante o que podería supoñer que España "se quede atrás na construción de algo de tanta importancia como a e-Ciencia". "Países como o Reino Unido, Alemaña e os Estados Unidos están realizando grandes inversións na creación de infraestruturas para a investigación porque saben que no futuro será moi difícil facer ciencia e desenvolver tecnoloxía punteira sen contar con elas. Se España perde a súa oportunidade de desenvolverse neste campo, corremos o risco de competir en clara desvantaxe cos países que decidiron apostar pola e-Ciencia", asegurou.
 
O investigador Fernando Martín, do Instituto de Saúde Carlos III, asegurou que a creación de ciencia e a xeración de coñecemento dependerá cada vez máis "da colaboración de grandes grupos multidisciplinares de investigación básica e clínica dependentes de múltiples institucións, e non tanto do talento e esforzo individual de científicos que traballen en grupos reducidos".
 
"As redes temáticas de investigación, entendendo por estas non só as interconexións de banda ancha, senón tamén os servidores de contidos, servizos, como cálculo ou almacenamento de datos, e os instrumentos asociados a elas, serán os que fagan posible este traballo en común", engadiu.
 
As "Xornadas de e-Ciencia en España" celebráronse en Santiago de Compostela durante os días 6, 7 e 8 de xullo, co obxectivo de facer patente a necesidade de impulsar as infraestruturas que permitan a colaboración entre os centros de investigación do Estado e do resto do globo. Perto de douscentos investigadores de máis de 60 centros de investigación, universidades e empresas de España e Portugal asistiron a elas.
 
 
A e-Ciencia, unha ferramenta emerxente
A e-Ciencia é unha nova forma de investigar e de facer ciencia xurdida coa explosión debida aos servizos World Wide Web (www) hai uns dez anos, que provocou a extensión do uso de Internet a todos os ámbitos da investigación.
 
Actualmente, Internet está experimentando unha auténtica revolución, porque non só permite acceder a información senón tamén a recursos como capacidade de cálculo, almacenamento, acceso a instrumentos científicos remotos, etc.
 
Esta revolución está a producir un renacemento das ciencias, que utilizan tecnoloxías emerxentes de forma creativa para compartir e intercambiar datos e coñecemento. É o que se deu en chamar "e-Ciencia".
 
A UE e os países membros de modo independente veñen investindo centenares de millóns de euros nos últimos anos para impulsar as tecnoloxías que permiten proxectos que requiren grandes colaboracións científicas transnacionais. As políticas dirixidas a instumentar estes esforzos inversores débense deseñar contando coas principais institucións de I+D+i, cos investigadores e coa industria.
Actualizado ( 26.09.2005 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA