Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Home » News » Applications » Nova actualización de Cambridge Structural Database (CSD)
Highlights

Users Online
718 guests online
Total since 21-12-05: 74818230 visitors
ISO 9001:2008

MGMT EXCELLENCE

Accessibility

Nova actualización de Cambridge Structural Database (CSD) PDF E-mail
A actualización da base de datos do CSD (Cambridge Structural Database) correspondente a agosto de 2005 atópase instalada no CESGA dende o pasado día 17. Esta actualización contén 7304 novas estruturas. Deste xeito, son xa 355.067 as entradas dispoñibles no CSD.

A Cambridge Structural Database é unha base de datos que recolle información bibliográfica, química e cristalográfica de compostos orgánicos e organometálicos obtida mediante difracción de raios X e difracción de neutróns. Os seus usuarios habituais son químicos inorgánicos, orgánicos e teóricos, e, os seus usuarios potenciais, químicos e físicos que traballen en síntese ou caracterización de estruturas moleculares e precisen comparalas con estruturas identificadas en bibliografía.

Para obter información adicional, visite http://www.ccdc.cam.ac.uk/products/csd

Máquina de acceso: csd.cesga.es

GUIA DE USO

O software está instalado no servidor csd.cesga.es. Unha vez obtida unha conta de usuario, cos datos de login e password, pódese conectar ao sistema. Para conectarse é preciso dispor dun cliente ssh. Un cliente para Windows (Putty) pódese obter neste enderezo: http://www.chiark.greenend.org.uk/%7Esgtatham/putty/download.html 

Para visualizar a saída gráfica de programas que dispoñan desta posibilidade, é preciso conectarse co comando ssh -X, o cal fixará automaticamente a variable do contorno DISPLAY ao equipo dende onde nos estamos a conectar. Para activar esta posibilidade utilizando o cliente Putty, é preciso ir ao menú Connection -> SSH -> Tunnels e activar a opción "Enable X11 forwarding" e, ademais, será preciso ter instalado e funcionando un cliente X-Windows como o X-Win32. O programa recomendado para facer as buscas é ConQuest, que se activa co comando cq. As vantaxes deste sistema son a posibilidade de visualizar a estrutura do composto ademais de gardar as buscas realizadas.


Se se quere coñecer o contido da nova actualización, no programa ConQuest (comando cq), selecciónense as opcións View Databases -> Entries in CSD version 5.26 ou View Databases -> Entries in CSD > version 5.26 updates. Hai que recordar que a base de datos Cambridge Structural Database (CSD) estea instalada nunha máquina dedicada, polo que se se precisa acceder a esta base de datos e non se ten acceso aínda, deberase solicitar aos nosos técnicos.

Ante algún problema co programa ou a actualización, non dubide en porse en contacto con nós a través de  , indicando no asunto "Erro en CSD".

Last Updated ( 17.11.2005 )
Master HPC

CESGA SUPPORTS

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Projects

Gelato´s Member

Acreditación EUGridPMA

Last updates
Dominio galego

MONTHLY VIRUS ALERT

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA