Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Home » News » Computing » Premios á Excelencia en Supercomputación
Highlights

Users Online
320 guests online
Total since 21-12-05: 75368089 visitors
ISO 9001:2008

MGMT EXCELLENCE

Accessibility

Premios á Excelencia en Supercomputación PDF E-mail
O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) convoca os Premios á Excelencia en Supercomputación.

Outorgaranse un primeiro premio dotado con 200.000 Ptas. e un segundo premio dotado con 100.000 Ptas. Esta convocatoria conta co patrocinio da casa SUN Microsystems.

Poderán acceder a esta convocatoria todos os investigadores das universidades galegas, dos centros de investigación da Xunta e dos centros de investigación do Consejo Superior de Investigaciones Científicas que realizaron traballos de investigación ao longo do ano 1999 utilizando os superordenadores instalados no CESGA.

Todos os traballos presentados a esta convocatoria serán publicados. Na selección dos traballos premiados valorarase o grao de optimización no uso dos recursos de cálculo, o obxectivo e o alcance do proxecto de investigación. Os premios entregaranse no acto de presentación da publicación o vindeiro mes de outubro.

Para presentarse a esta convocatoria, os investigadores deberán enviar un resumo dos traballos de investigación realizados segundo ás bases publicadas nesta web. A data límite de entrega de traballos é o vindeiro 15 de xullo.

BASES

Pregámoslles a todos os usuarios que nos fagan chegar información referente aos traballos realizados empregando os servidores de cálculo instalados no CESGA. Empregaremos esta información para a súa publicación no Anuario. Envíenos un resumo para cada traballo realizado seguindo as indicacións que atopará a continuación.

Todos os traballos enviados serán publicados, os dous máis sobresaíntes serán galardoados cun primeiro premio dotado con 200.000 Ptas. e un segundo premio de 100.000 Ptas.

Poderán acceder a esta convocatoria todos os investigadores das universidades galegas, dos centros de investigación da Xunta e dos centros de investigación do Consejo Superior de Investigaciones Científicas que realizaron traballos de investigación ao longo do ano 1999 utilizando os superordenadores instalados no CESGA.

Na selección dos traballos premiados valorarase o grao de optimización no uso dos recursos de cálculo, o obxectivo e o alcance do proxecto de investigación. Os premios serán entregados no acto de presentación da publicación, o vindeiro mes de outubro.

SUN Microsystems patrocina estes premios.

Data límite de entrega: 15 / 7 / 2000

CONTIDOS

Extensión: Os documentos non deben exceder os 4.500 caracteres e deben incluír os seguintes apartados:

1. Información de referencia

Título/Nome do Estudo/Proxecto de Investigación.

Nombre do Investigador Principal.

Departamento e Institución/Organización á que pertence.

Nomes dos membros do Equipo de Traballo.

Departamentos e Institucións ás que pertencen.

Entidade que financia a investigación.

2. Publicacións

Artigos en publicacións científicas derivadas da realización do proxecto do investigador/a principal e asociados.

3. Información Proxecto de Investigación

Abstract (non debe exceder media páxina de extensión a un espazo en Times New Roman 10pp).

Sumario do Estudo/Proxecto de Investigación no que como mínimo se expoñan: o obxecto do estudio e a metodoloxía empregada para abordarlo (non debe exceder de 2 páxinas de extensión a un espazo en Times New Roman 10pp).

4. Información referente ao Uso de Técnicas de Supercomputación

¿Que técnicas e/ou aplicacións de computación foron empregadas? Se é o caso, describa as optimizacións dos cálculos realizados.

Estimación do tempo de Supercomputación empregado ata a data neste proxecto (en horas).

Estimación do tempo de Supercomputación necesario ata o remate do traballo (en horas).

FORMATOS

Modo de entrega: Pregamos entreguen a documentación enviándoa a fbouzas@cesga.es no seguinte formato:

Textos:

Microsoft Word

Material Gráfico:

Se desexa incluir cadros, gráficas e/ou fotos, envíeas como un arquivo independente preferiblemente en formato TIF ou JPG.

Pregámoslles que entreguen cada gráfico nun arquivo por separado.

Ante calquera cuestión, por favor non dubide en pórse en contacto con Fernando Bouzas 981 56 98 10.

Last Updated ( 17.11.2005 )
Master HPC

CESGA SUPPORTS

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Projects

Gelato´s Member

Acreditación EUGridPMA

Last updates
Dominio galego

MONTHLY VIRUS ALERT

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA