Rematou o mes de maio e con el as experiencias desenvolvidas ao longo do proxecto durante 4 meses. Aínda que dun xeito non oficial, os centros A PONTE seguen a colaborar. Agora é tempo de reflexión e de obter conclusións do acontecido durante as experiencias. O desexo é dar a coñecer ao resto da comunidade educativa europea os problemas cos que nos atopamos nesta experiencia: Formación, horarios, conectividade, etc. Con tal fin publicaremos, coas contribucións dos participantes (profesores e alumnos), un especial da revista educativa europea CONTEXT. Máis información en http://www.aponte.org
Por outro lado, estamos a organizar unha Conferencia Final, que se celebrará no mes de setembro en Lugo, na que todos os participantes aportarán tamén a súa visión para poder así aplicar a experiencia acadada a outras áreas rurais educativas en Europa.