Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Noticias » Cursos y Eventos » Modelado 3D: Curso de RHINOCEROS
Destacados

Conectados
378 visitantes
Total desde 21-12-05: 75371492 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA GESTIÓN

Accesibilidad

Modelado 3D: Curso de RHINOCEROS PDF E-mail
Utilizando a rede de aulas de teleennsino do CESGA, o CIS-Galicia ofrece formación a empresas galegas no uso do máis avanzado software de modelado 3D dispoñible no Mercado.

Esta semana vénse celebrando un curso práctico de modelado 3D utilizando o software Rhinoceros, que se leva a cabo mediante Tele-Ensino de forma simultánea nas cidades de A Coruña, Lugo e Santiago. As tres aulas están interconectadas pola Red de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia. Unha rede de banda ancha que permite a interconexión de vídeo, voz e datos coa calidade dunha retransmisión de televisión dixital interactiva. O uso de estas aulas posibilita impartir formación altamente cualificada (para a que se conta con poucos docentes) a un maior número de alumnos, reducindo significativamente os custos no tempo e desplazamentos ocasionados ás industrias que deben prescindir dos seus especialistas para proverlos de formación no uso de ferramentas de nova xeneración.

O programa Rhinoceros é un programa de modelado mediante o emprego de superficies complexas moi utilizado nas industrias que precisan ferramentas capaces de xerar prototipos 3D para crear deseños e prototipos, así como para analizar e fabricar dende un avión ata unha xoia.

Este programa acadou unha gran popularidade entre os deseñadores industriais debido a súa grande capacidade como ferramenta de Deseño Industrial, Deseño Naval, CAD, Prototipado Rápido, Dixitalización en 3D, Multimedia, Deseño Gráfico, Maquetismo, etc., xa que dispón de:

Capacidade para a realización de modelados rápidos e intuitivos empregando superficies de alta complexidade de forma libre.
Ficheiros compatibles con programas de Deseño Asistido por Ordenador (CAD) como SolidEdge, Solid Works, AutoCAD, Microstation.
Capacidade para xerar ficheiros destino a ferramentas de Prototipado Rápido.
É un programa flexible e preciso.

O programa Rhinoceros está sendo empregando por máis de 400 grandes grupos industriais de diversos sectores como: NIKE, Adidas, CASA, Boeing, British Aereospace, Lego, FisherPrice, Intel, Compaq, Philips, Electrolux, etc.

A sinxeleza de manexo do programa fai que a partir dun boceto, un debuxo, ou unha fotografía, se poida modelar ao detalle calquera producto e deixalo listo para a realización de presentacións fotorrealísticas, Maquetas Virtuais, facer animacións, realizar Prototipado Rápido, realizar anteproxectos, enviar o ficheiro a outros programas CAD, etc.

Os alumnos que asisten ao curso de Teleformación proceden de empresas radicadas en Galicia de diversos sectores tales como: Automoción, Animación, Talleres de Calderería, Universidade, Deseño Gráfico e Publicidade, Estudios de Arquitectura, etc.

Este curso impartido polo CIS-Galicia, contou coa la colaboración e apoio da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, a Consellaría de Industria e Comercio, o Centro de Supercomputación de Galicia e os Servizos de Comunicacións da Universidade da Coruña e da Universidade de Santiago en Lugo.

Modificado ( 16.09.2005 )
Master HPC

CESGA APOYA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proyectos

Miembro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novedades
Dominio gallego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA