Presentación do libro "Indicadores Cientificos en Galicia"
Promovido polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia e publicado pola Consellería de Innovación, Industria e Comercio.
Este informe é o primeiro que analiza os indicadores científicos da comunidade autónoma. O seu obxectivo fundamental é medir a situación de Galicia en canto á xeración de novo coñecemento e á súa relación co esforzo investigador.
A produción científica galega sitúase actualmente nun 8% da española, o que converte á Comunidade Autónoma entre as cinco primeiras neste eido, despois de Madrid, Cataluña, Andalucía e Valencia. Así queda reflectido no libro "Indicadores científicos de Galicia. ISI, Web of Science, 1990-2003".