Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Novas » Cursos e Eventos » Seminario "Oportunidades para Investigación Bioinformática en Galicia"
Destacados

Conectados
717 visitantes
Total dende 21-12-05: 74813981 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

Seminario "Oportunidades para Investigación Bioinformática en Galicia" PDF E-mail
O vindeiro día 5 de xullo celebrarase no CESGA o seminario "Oportunidades para a Bioinformática en Galicia", que ten como obxectivo "crear comunidade" entre os investigadores galegos de diferentes áreas interesados na xenómica e a proteómica.
 
Esta xornada, organizada polo Foro Científico-Tecnolóxico, está dedicada a explorar as Oportunidades de futuro para a Investigación en Bioinformática en Galicia.

Nos últimos 45 anos a Doble Hélice revolucionou a bioloxía, orientandoa á bioloxía molecular, a disección de complexos fenómenos biolóxicos en moléculas específicas e as súas funcións. Esta área ten colleitado importantes éxitos en diversas frontes, como son a identificación das bases moleculares de diversas patoloxías e do seu tratamento, a bioquímica ou a bioloxía evolutiva. O seu paradigma – a identificación, clonación e análise de pezas específicas do puzle xenético para unha función dada – é responsable da meirande parte dos coñecementos da bioloxía moderna.

O espectacular avance en tecnoloxías xenómicas vivido nestes últimos anos está transformando unha vez máis as ciencias biolóxicas. Coa secuenciación de xenomas completos de diversas especies o principal paradigma da bioloxía molecular (a identificación e clonación de novos xenes) sufrirá cambios.

Xa hoxe, o volume de datos xenéticos medra a un ritmo moi superior ao que os analistas poden procesalos. A bioinformática busca solucións a esta situación.

A bioinformática é o novo campo de estudo das estruturas inherentes da información biolóxica e dos sistemas biolóxicos. Este innovador campo de investigación xunta unha crecente avalancha de datos biolóxicos coa teoría analítica e as ferramentas prácticas da matemática e da ciencia computacional.

A bioinformática é unha iniciativa de coñecemento necesariamente interdisciplinar. Con este evento, o Foro Científico–Tecnolóxico pretende facilitar o achegamento de expertos de diferentes áreas, departamentos e institucións que teñan como común interese o desenvolvemento de métodos matemáticos e computacionais orientados a desvelar os misterios da bioloxía. 
 
O noso obxectivo é facilitar a construción de conexións entre os que viven dedicados a producir os datos experimentais e os que contan coas ferramentas e o coñecemento para analizalos teoricamente. O natural punto de encontro entre ambos é un corpus de datos que está sendo xerado a ritmo exponencial. Este debe ser un verdadeiro encontro de mentes e non un mero pase de información dos especialistas experimentais aos analíticos.

A bioinformática non é unha moda transitoria senón que supón o nacemento de tecnoloxías fundamentais para o avance da ciencia. As institucións e a industria son conscientes desta realidade. Hoxe as industrias farmacéutica e fitosanitaria loitan por atraer a novos investigadores formados en bioinformática. Na actualidade existen autenticas oportunidades para proxectos de investigación nesta área.

Axenda (Seminario rematado)

Lugar: Centro de Supercomputación de Galicia
Avda. de Vigo, s/n (Campus Sur) Santiago de Compostela

Data: Xoves, 5 de Xullo de 2001

Hora: 11:00 h.

Dirixido a: Biólogos Moleculares, Xenetistas, Investigadores en Medicina, Químicos, Matemáticos, Especialistas en Computación, Grandes Bases de Datos, Sistemas de Visualización e en xeral a calquera con interese no campo da Xenómica, a Proteómica, a Bioloxía Molecular e a Informática de altas prestacións.

Axenda:

11:00 h.
Presentación

Ilmo. Sr. D. Miguel Ángel Ríos Fernández
Secretario Xeral de Investigación e Desenvolvemento
Xunta de Galicia

11:10 h.
Análisis Bioinformático en la Era Postgenómica

Dr. Alfonso Valencia,
Profesor Honorario do Dpto. de Bioquímica na Universidad Autónoma de Madrid, e Membro do Protein Design Group do Centro Nacional de Biotecnología Consejo Superior de Investigaciones Científicas

12:00 h.
Sistemas de Información en Biología Computacional

Dr. Emilio López Zapata
Catedrático da universidade e Director do Dpto. Arquitectura de Computadores
Universidad de Málaga

12:50 h.
Oportunidades para a Investigación en Bioinformática en Galicia

Charla Coloquio coa participación dos asistentes e dos Drs. Alfonso Valencia, Emilio Zapata
Moderada polo Dr. Andrés Gómez (Administrador de Aplicacións e Proxectos do CESGA)

14:00 h.
Viño Galego

Actualizado ( 19.09.2005 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA