Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Home » News » General » Graduado Superior en Tecnoloxías da Información e a Comunicación
Highlights

Users Online
4909 guests online
Total since 21-12-05: 74551406 visitors
ISO 9001:2008

MGMT EXCELLENCE

Accessibility

Graduado Superior en Tecnoloxías da Información e a Comunicación PDF E-mail
Información recollida do Xornal Electrónico da USC
 
O vicerrector de Ordenación Académica e Titulacións da Universidade de Santiago, Celso Rodríguez, presentou esta mañá o Graduado Superior en Tecnoloxías da Información e a Comunicación, un título propio da USC que comezará a impartirse por primeira vez o vindeiro curso académico 2001-2002. A presentación ós medios de comunicación contou ademais coa presencia do director do Graduado, o profesor Senén Barro Ameneiro.

O vicerrector Celso Rodríguez, que lembrou que aínda permenece aberto o prazo de preinscrición desta titulacións ata finais deste mes, destacou que o Graduado Superior en Tecnoloxías da Información e a Comunicación aínda que titulación propia da USC ofrece múltiples "vantaxas e oportunidades que dificilmente poden atender as titulacións regradas". O vicerrector engadiu que esta titulación ofrece especialización nunha área concreta sen esquecer a formación previa que permita ó alumnos estar sempre aberto á formación continua "nun sector tan dinámico como o das TIC".

O director do curso, Senén Barro, destacou que a titulación incorpora dous perfiles moi importantes para satisfacer o impacto da demanda en profesionais das tecnoloxías da información e a comunicación: o coñecemento das tecnoloxías relacionadas con Internet e os entornos multimedia. Neste senso o profesor Barro destacou que é difícil atopar estes perfiles nas titulacións oficiais das universidades españolas, xa que "habitualmente están recollidas en asignaturas optativas puntuais".

Senén Barro considera que na actualidade a docencia regrada, xa sexa universitaria ou non, non é capaz de atender a demandas de profesionais especializados nas TIC, a pesar do número de titulados relacionados co sector. "Son precisas iniciativas que axuden a paliar esta carencia", sinalou o director do Graduado Superior. A este respecto, Barro Ameneiro dixo que España, e particularmente Galicia, sufren un retraso moi significativo, "retraso, que aínda se pode acurtar, recuperando a distancia con respecto ós países máis avanzados nesta área".

Para o director desta titulación un dos elementos clave para impulsar as TIC e a Sociedade da Información "son as persoas cunha formación axeitada. É preciso formar ó futuro profesional TIC cuns fundamentos básicos suficientes, de tal xeito que lle permitan seguir no futuro a súa formación e adaptación continuas que demanda o sector".

Barro explicou ademais que a planificación docente da titulación está deseñada para favorece-la incorporación inmediata do alumno ó ambito laboral, a través da realización de prácticas en empresas e de contidos de carácter aplicado cun importante compoñente práctico. Ademais prestarase especial atención á conxugación de contidos técnicos con outros cada vez máis demandados no exercicio profesional como poden se-los coñecementos de lexislación ou de economía, así como o desenvolvemento de actividades que propicien o estímulo da iniciativa, o traballo en equipo ou a habilidade negociadora, entre outros.

Segundo datos do informe de Infoempleo, de Círuclo de Progreso, relativo á oferta de emprego no ano 2000, a oferta de emprego en TIC foi maior que a existente no 99, e a tendencias nos vindeiros anos é seguir aumentando. Por outra banda, e segundo datos da consultora IDC, o déficit de profesionais en TIC superará a barreira dos 100.000 nun prazo de tres anos.

O Graduado Superior en Tecnoloxías da Información e a Comunicación oferta un total de 40 prazas, cunha carga lectiva de 127 créditos distribuídos en dous cursos académicos. O custe da matrícula está subvencionado pola Secretaria Xeral de I+D. Para formaliza-la preinscrición as persoas interesadas deberán presentar no Campus de Santiago (Negociado de admisión de alumnos no Pabillón Estudiantil, 2º piso. Campus Universitario Sur.) ou no de Lugo (Negociado de admisión de alumnos no edificio da Biblioteca-Intercentros) a solicitude segundo o modelo oficial, unha fotocopia do DNI e a certificación académica completa dos estudios que dan acceso.

No proceso de preinscrición desta titulación terán preferencia, en primeiro lugar os alumnos que posúan un título de enxeñiero técnico ou teñan superado o primeiro ciclo dunha enxeñería superior; alumnos diplomados en Estatística, que teñan superado o primeiro ciclo das licenciaturas de Física ou Matemáticas, ou que sexan licenciados en Ciencias e Técnicas Estatísticas.

En segundo lugar, e atendendo á orde de preferencia, poderán solicita-la preinscrición os alumnos diplomados ou que teñan superado o primeiro ciclo de calquera titulación da área de Ciencias Experimentais, ou das titulacións de: Administración e Dirección de Empresas, Economía, Ciencias Económicas, Ciencias Empresariais, Ciencias Actuariais e Financeiras, Biblioteconomía e Documentación, Documentación, Ciencias da Información, Comunicación Audiovisual, Xornalismo, Arquitectura, Estudios Empresariais, Xestión e Administración Pública, Arquitectura técnica.

Por último, a preiscrición estará aberta tamén a outras diplomaturas ou alumnos cun primeiro ciclo superado de calquere outra titulación. Segundo a orden de preferencia, a selección se realizará tendo en conta a nota media do expediente académico.

A formación ofertada pretende satisface-las expectativas tanto de aquelos alumnos que desexen reconduci-la súa formación e orientación laboral cara o sector das TIC como a de aqueles que posuindo unha formación encauzada cara outro sector, desexan complementala con coñecementos e habilidades técnicas que cada vez son máis demandadas e valoradas entre os profesionais de case calquera disciplina.

Para máis información ás persoas interesadas poden visita-la páxina web: http://www.usc.es/gstic

Outras titulacións propias da USC: http://www.usc.es/coies/planestg.htm#titprop
Master HPC

CESGA SUPPORTS

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Projects

Gelato´s Member

Acreditación EUGridPMA

Last updates
Dominio galego

MONTHLY VIRUS ALERT

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA