Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Noticias » General » é-galego
Destacados

Conectados
202 visitantes
Total desde 21-12-05: 75439412 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA GESTIÓN

Accesibilidad

é-galego PDF E-mail
Desenvolvemento dun curso multimedia de galego en rede. é-galego é un curso interactivo para a aprendizaxe da lingua galega, aplicando as novas tecnoloxías multimedia e de Internet. O proxecto conta coa financiación da Dirección Xeral de Política Lingüística e da Fundación Caixa Galicia. O Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela traballou na procura dos contidos e da lingüística, e a empresa Eido Media colaborou na elaboración do soporte e do deseño. A coordinación entrámbolos dous veu da man do CESGA, que ademais desenvolveu as tarefas relativas a control de calidade e avaliación da usabilidade do curso. No mes de outubro o curso atoparase xa operativo e será accesible vía web.

O curso está orientado a servi-las necesidades de aprendizaxe nas áreas que a continuación se detallan de adultos non galegofalantes con estudios secundarios e coñecementos de portugués ou castelán.

- Aprendizaxe e desenvolvemento das funcións comunicativas básicas: presentación, solicitude de información, descrición de obxectos, expresión de acordo e desacordo, etc.

- Dominio das nocións principais empregadas na comunicación: espacio, tempo, localización, duración, frecuencia, etc.

- Comprensión e aprendizaxe das estructuras gramaticais e do vocabulario necesarios para o desenvolvemento das principais funcións comunicativas.

A organización do curso permite que poida utilizarse de xeito lineal ou de modo selectivo. O usuario poderá ir complementando as actividades de cada unha das unidades didácticas, desde a primeira ata a última, ou ben seleccionar, coa axuda do plan do curso, as unidades ou as actividades que máis lle interesen. Co desenvolvemento das citadas actividades perséguese a adquisición e o perfeccionamento das habilidades comunicativas básicas, tanto para a comprensión como para a producción de mensaxes orais e escritas. Asimesmo as actividades de é-galego axudan a mellora-la comprensión do galego falado e escrito, a aumenta-lo coñecemento da gramática e do vocabulario e tamén a descubrir algúns aspectos da cultura, xeografía e historia de Galicia.

O curso disporá de case un cento de actividades interactivas repartidas en catro seccións: comprensión, expresión, gramática e vocabulario. A información lingüística necesaria para o desenvolvemento das actividades aparece distribuída en dúas seccións que o alumno poderá consultar en calquera momento: vocabulario (un pequeno vocabulario con correspondencia en castelán das palabras utilizadas e con información sobre a conxunción dos verbos) e a información gramatical. Ademais, unha sección de complementos (textos, ligazóns, etc.) axudarán a completa-la súa formación. Será de fácil acceso e de uso intuitivo.

O curso contará cun sistema de avaliación e control que lle permitirá ós alumnos coñece-los seus progresos e o nivel de desen volvemento en que se encontra en cada momento.

Co recurso <<correo ó titor>> os usuarios do curso poden facer consultas sobre as dúbidas lingüísticas que lle xurdan ó realiza-las actividades.

é-galego é un curso electrónico para o acceso a través de Internet e distribución en CD-Rom contendo este último unha versión reducida do curso.

O desenvolvemento nun medio non tradicional (hipertexto) permite ofrecerlle ó usuario distintas posibilidades de acceso ós contidos: busca dunha información específica sobre unha estructura lingüística; exploración libre dun contido; aplicacións prácticas, comunicacións, diálogos; uso guiado; revisión de contidos e autoavaliacións.

Master HPC

CESGA APOYA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proyectos

Miembro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novedades
Dominio gallego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA