O acceso de RedIRIS á GÉANT é a 2.5 Gbps e aínda está en fase de transición coa anterior rede TEN-155, co que durante uns días esta nova conexión poderá experimentar certas inestabilidades. A conexión con TEN-155 mantense activa.
RedIRIS anunciou tamén que para o inicio de 2002 entrarán en funcionamento dous enlaces de 2.5 Gbps cada un entre GÉANT e as redes de investigación dos E.E.U.U.
Con motivo de promover a capilaridade esperase que nos vindeiros meses, RedIRIS realice grandes cambios na rede estatal de investigación e tamén na súa conexión á Internet global.