Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Noticias » Cursos y Eventos » Unha introducción á Bioinformática para Matemáticos
Destacados

Conectados
758 visitantes
Total desde 21-12-05: 74818442 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA GESTIÓN

Accesibilidad

Unha introducción á Bioinformática para Matemáticos PDF E-mail
O Instituto de Matemáticas organiza a xornada "Unha introducción á Bioinformática para Matemáticos". Esta xornada terá lugar no Salón de Graos da facultade de Matemáticas da USC o venres 14 de decembro de 2001 as 10 horas.

Programa
 
10.00-11.00 Bioinformática: biofundamentos e aplicacións.
D. Francisco Rodriguez-Trelles.
Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas. Consello superior de Investigacións Científicas.
 
11.00-12.00 Proteínas: Os pilares da vida. ¿Cómo poden as matemáticas axudar a entender a súa estructura?
D. Ernesto Estrada.
Departamento de Química orgánica. Facultade de Farmacia. USC.
12.00-12.30  Descanso-Café.
12.30-13.15  Estudio molecular de enfermedades: da xenómica á proteómica (I).
Dña. M. Pilar Calo-Mata.
Laboratorio de Investigación nº 3.
Hospital Clínico Universitario de Santiago.
13.15-14.00  Estudio molecular de enfermedades renáis: da xenómica á proteómica (II).
Dña. Wania Rezende Lima.
Laboratorio de Investigación nº 3. Hospital Clínico Universitario de Santiago.
Comite Organizador:
José Antonio Álvarez Dios, Manuel Calaza Cabanas e Antonio Gómez Tato.
 
Introducción
Ó amparo do estudio do xenoma e proteoma humanos, está emerxendo unha nova disciplina, con contidos aínda difusos, que polo momento estase a denominar bioinformática. Na nosa comunidade estase a impulsar o seu desenvolvemento dende o Rectorado da Universidade de Santiago e dende a Secretaría Xeral de I+D da Xunta de Galicia a través do Cesga.
 
O obxetivo desta xornada é aproveitar esta oportunidade para proporcionar unha perspectiva xeral e dar unha pequena introducción para matemáticos sobre esta nova disciplina que permita evaluar as súas posibilidades neste campo. 
 
Existe unha corrente de opinión que pensa que a visión común (e práctica) da bioinformática como a simple aplicación das ferramentas matemáticas ou informáticas xa existentes a problemas da bioloxía, apenas ten interés como programa de investigación para os matemáticos e informáticos. Sen embargo, a cuestión pódese enfocar dende outro punto de vista: o obxetivo  da bioloxía, na era dos proxectos xenoma, é desenvolver un coñecemento cuantitativo  de como os seres vivos se constrúen a partir da información do xenoma que os codifica.
 
A complexa e rica estructura dos datos da xenómica converte este obxetivo no maior problema de descodificación ó que se enfrentou a humanidade ata o momento. Dende esta perspectiva, o secuenciamento do xenoma humano pode pensarse como unha das maiores oportunidades de tódolos tempos para os matemáticos interesados na información, a súa estructura e a súa análise. Esta formulación do "problema bioinformático" abre o camiño para unha fructífera colaboración entre biólogos e matemáticos.
Master HPC

CESGA APOYA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proyectos

Miembro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novedades
Dominio gallego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA