Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Novas » Comunicacións » O CESGA aloxará o novo portal temático Culturagalega.org promovido polo Consello da Cultura Galega
Destacados

Conectados
345 visitantes
Total dende 21-12-05: 74819646 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

O CESGA aloxará o novo portal temático Culturagalega.org promovido polo Consello da Cultura Galega PDF E-mail

O portal Culturagalega.org, desenvolvido a iniciativa do Pleno do Consello da Cultura Galega, sairá ao público o próximo día 10 de outubro. Os equipos que servirán ás distintas seccións deste novo portal están xa instalados no CESGA, e conectados directamente á troncal da Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (RECETGA) o que permitirá que sexa accesible cunha grande calidade e utilizando liñas nacionais e internacionais de banda ancha (como RedIRIS, TEN155, Internet 2 e Abilene) desde centros académicos e de investigación de todo o mundo.

RECETGA tamén permite o acceso desde as redes doutros operadores polo que se garante o acceso nas mellores condicións a todos os usuarios de Internet. Esta colaboracion é posible gracias á sinatura dun convenio entre a Secretaria Xeral de Investigación e Desenvolvemento, o Consello da Cultura Galega e o CESGA.

A información do novo portal temático ten un contido diverso sobre música, arte, historia, eventos, sociedade, lingua e literatura, cunha actualización diaria que permite ter unha información axeitada e puntual da realidade cultural galega, e o que se move en torno dela. Para os máis estudosos ou curiosos ofrécese unha sección de especiais sobre aspectos pouco coñecidos da nosa cultura.

O proxecto está desenvolvido por un equipo profesional multidisciplinar formado por: xornalistas, deseñadores, análistas e técnicos en novas tecnoloxías e persoal de producción.

Culturagalega.org ten unha serie de seccións chamadas Os soportais: - LG3 Literatura de balde -, onde se poden descargar famosos textos libres de dereitos de autor , -RADIO CG A emisora dixital -, dividida en programas e en escoita diferida, con programas feitos no exterior, un espacio de traducción oral, retratos de grandes persoeiros..., e por último, - SÉPTIMO ARTE Patrimonio audiovisual -, que incluirá obras de patrimonio audiovisual galego, curtametraxes, reportaxes, películas, documentais.

As seccións soportais pretenden ser ademais unha plataforma de lanzamento de novos profesionais e artistas ofrecendo oportunidades a aqueles traballos e persoas con dificil saída ao mercado competitivo como son, os estudiantes de periodismo e os seus traballos, xóvenes creadores da música e das letras.

Actualizado ( 12.09.2005 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA