Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Home » News » Communications » Cinco Operadoras fundarán O GALNIX
Highlights

Users Online
350 guests online
Total since 21-12-05: 75365957 visitors
ISO 9001:2008

MGMT EXCELLENCE

Accessibility

Cinco Operadoras fundarán O GALNIX PDF E-mail
Cinco operadoras de telecomunicacións con ampla implantación en Galicia únense para crear o punto neutro galego para intercambio de tráfico de Internet, GALNIX (Galician Neutral Internet Exchange). Estas cinco operadoras xestionan boa parte do volume de tráfico de Internet xerado polos internautas, empresas e institucións en Galicia.

Comunitel, Jazztel, R, Retevisión e Cesga son os pioneiros tecnolóxicos que traballan xuntos para facer realidade esta iniciativa xurdida ao amparo do Foro SI-Galicia (Foro para a Extensión da Sociedade da Información en Galicia) que lidera a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.
 
As cinco operadoras elaboraron o texto do Convenio de Constitución do GALNIX en reunión celebrada o pasado mércores, 30 de xaneiro. Os cinco socios fundadores de GALNIX acordaron asinar o convenio de constitución ao longo do actual mes de febreiro. Así, prevese que GALNIX comence a dar servicio a internautas, empresas e institucións galegas ao longo deste ano.
 
A posta en marcha de GALNIX beneficiará de xeito decisivo aos cidadáns, empresas e institucións que fan uso de Internet en Galicia. Todos eles notarán unha sensible mellora nos tempos de acceso a servicios de Internet aloxados en Galicia.
 
Unha infraestructura aberta
GALNIX créase, tal coma describe o texto do Convenio de Constitución, coma unha infraestrutura absolutamente aberta. Así, outras institucións e empresas poderán adherirse ao punto neutro galego en calquera momento. GALNIX estará físicamente instalado no Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), que se fará cargo da xestión desta infraestructura de intercambio de tráfico de Internet.
 
Reaccións dende a Xunta e o Foro SI-Galicia.
Os puntos neutros están universalmente considerados coma infraestruturas da rede fundamentais para fomentar o avance da Sociedade da Información. A Secretaría Xeral de I+D valorou moi positivamente o esforzo destas operadoras e destacou o compromiso para coa sociedade galega exhibido polos cinco fundadores de GALNIX.
 
Miguel Angel Ríos Fernández, ao frente desta Secretaría, manifestou a súa persoal satisfacción por ver como empresas da importancia de Comunitel, Jazztel, R e Retevisión involúcranse e invisten para crear infraestructuras que faciliten a entrada de Galicia na Sociedade da Información.
Last Updated ( 12.09.2005 )
Master HPC

CESGA SUPPORTS

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Projects

Gelato´s Member

Acreditación EUGridPMA

Last updates
Dominio galego

MONTHLY VIRUS ALERT

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA