Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Noticias » Cursos y Eventos » O Centro de Competencias comeza o programa de formación en Comercio Electrónico para PEMES galegas
Destacados

Conectados
445 visitantes
Total desde 21-12-05: 74819359 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA GESTIÓN

Accesibilidad

O Centro de Competencias comeza o programa de formación en Comercio Electrónico para PEMES galegas PDF E-mail
O Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia comenza en maio o programa de formación en comercio electrónico e Internet dirixido ás PEMES galegas. Trátase dun ambicioso proxecto que ten carácter gratuíto e aberto para todos os empresarios e personal das empresas galegas, e que tamén está apoiado por institucións como Caixa Galicia, Caixanova, os Centros Multimedia de Galicia, as Cámaras de Comercio e a Fundación Universidad Empresa Gallega (FEUGA), entre outros.

O obxectivo desta iniciativa responde ás necesidades creadas polo contexto socioeconómico no que nos atopamos, que esixe unha actualización constante dos saberes e das estruturas organizativas das empresas no que respecta ao sistema clásico de negocio e ás novas tecnoloxías. Polo tanto, as conferencias e os cursos diríxense aos empresarios e persoal das PEMES que queren beneficiarse das vantaxes de negocio que ofrece Internet e o comercio electrónico.

O programa de cursos levará conferencias e cursos a cada unha das sete principais cidades de Galicia, chegando a máis de mil empresarios e personal de PEMES de Galicia ao longo dos próximos meses.

As conferencias, cunha duración de dúas horas, presentarán os aspectos máis representativos do comercio electrónico e as súas estratexias de xestión, aspectos que serán ampliados nos CURSOS. O temario dos cursos inclúe contidos como técnicas de marketing en Internet, ferramentas de seguridade e de pago, a loxística e a distribución ou aspectos xurídicos do comercio electrónico. Ademais, trataranse exemplos prácticos e estudios de caso reais de empresas que levaron á práctica procesos de negocio electrónico.

Logo da primeira conferencia dará comezo o primeiro curso, o 3 de xuño nas instalacións do CESGA. A inscrición gratuíta xa pode efectuarse na páxina web do Centro de Competencias: www.e-negociogalicia.com

Modificado ( 21.09.2005 )
Master HPC

CESGA APOYA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proyectos

Miembro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novedades
Dominio gallego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA