Onte, día 16 ás 19:00 horas, experimentouse un problema interno de comunicacións que afectó a algúns servizos do CESGA, como o acceso ao FinisTerrae e ao SVG. Progresivamente recuperouse o funcionamento dos servizos afectados, ata que ás 11:00 horas de hoxe, 17 de Xuño, a incidencia quedou solucionada e a esa hora todos os servizos funcionaban xa de modo normal e estable. No entanto, rogámoslle poña en coñecemento dos técnicos de soporte do CESGA calquera incidencia que detecte en relación aos seus procesos ou datos. Desculpen as molestias no acceso a servizos que o incidente puidese ocasionar, grazas.