AMPLIACIÓN E ACTUALIZACIÓN DA INFRAESTRUTURA CIENTÍFICO TECNOLÓXICA FINISTERRAE DO CESGA
Esta mañá presentouse nocentrode Supercomputación de Galicia, CESGA, a nova ampliación do Supercomputador Virtual Galego, SVG, para realizar cálculos complementarios ou de pre e post proceso do Finisterrae. Trátase dun novo supercomputador para HTC ou computación throughput, frecuentemente utilizado para investigación en Xenómica, Dinámica Molecular, Deseño de Fármacos ou Enxeñarías, entre outras disciplinas. A nova máquina duplica a capacidade de computación dos sistemas do CESGA neste tipo de cálculo, pasando de 9 a máis de 18 Teraflops e supón unha mellor asubstancial dos servizos ofrecidos aos usuarios docentro. (+)