O Director Xeral de I+D+i da Xunta de Galicia e Presidente do Centro de Supercomputación de Galicia, CESGA, Ricardo Capilla Pueyo e o Director da Fundación Pública Galega de Mediina Xenómica, FPGMX, e Catedrático da USC, Angel Carracedo, presentaron hoxe no CESGA o “Convenio de Colaboración para a Posta en Produción do Servizo de Ultrasecuenciación de Xenomas Completos”. O acordo facilitará a análise e almacenamento dos datos xenéticos extraídos con tecnoloxías NGS, (Next Generation Sequencing), que permiten analizar grandes rexións do xenoma humano, exomas e xenomas completos. Os novos ultrasecuenciadores están a disposición de todos os investigadores galegos. (+)