Miguel Villaplana Pérez, do Grid Computing Group, do IFIC - Institut de Física Corpuscular, CSIC - UV, resultou gañador do “Best Student Paper” na cuarta edición de IBERGRID, co traballo "First tests with Tier-3 facility for the ATLAS experiment at IFIC (Valencia)". O premio está dotado con 2000 euros para o investigador. A relevancia do artigo radica en que o Tier3 do IFIC está considerado como un dos modelos a imitar. Ademais, o Grid Computing Group IFIC - Institut de Física Corpuscular, forma parte dun grupo de traballo dentro da colaboración ATLAS que se encarga de documentar detalladamente os diferentes prototipos para facilitar o traballo ás institucións que aínda non teñen instalado o seu Tier3.