Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Novas » Xeral » O CESGA inaugura a Mostra sobre a Historia da Informática no marco da Semana da Ciencia en Galicia
Destacados

Conectados
2251 visitantes
Total dende 21-12-05: 74029728 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

O CESGA inaugura a Mostra sobre a Historia da Informática no marco da Semana da Ciencia en Galicia PDF E-mail
MeteoGalicia estará aberta durante as mesmas datas para mostrarlles aos cidadáns a súa actividade diaria

Santiago, 8 de novembro de 2002.- O Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) e MeteoGalicia inauguran a iniciativa de portas abertas no Sistema Ciencia-Tecnoloxía de Galicia organizada pola Secretaría Xeral de I+D no marco da Semana da Ciencia en Galicia. A xornada central terá lugar o xoves 14, día no que as tres Universidades, os centros de investigación e os centros tecnolóxicos da Comunidade terán as súas instalacións a disposición dos cidadáns para mostrarlles a actividade que desenvolven. No caso do Cesga e MeteoGalicia, a iniciativa exténdese dende o día 9 ata o 17, coincidindo coas datas nas que permanecerá aberta a ‘Mostra sobre a Historia da Informática’ no Centro de Supercomputación.

Máis de 30 grupos de estudiantes de distintos puntos de Galicia pasarán por estes centros tecnolóxicos, que esperan recibir a visita dunhas 2.000 persoas ó longo da semana.
 
INFORMÁTICA PARA TODOS
Durante esta semana, as persoas que se acheguen ata o Cesga poderán coñecer algúns dos primeiros computadores, supercomputadores e compoñentes de proceso e de memoria que chegaron a Galicia, ademais de explorar unha exposición didáctica sobre a evolución das tecnoloxías da computación. A maior parte das pezas expostas na mostra foron cedidas para esta mostra por Universidades Galegas e particulares ou pertencen ó Cesga. Por outra parte, terán a oportunidade de coñece-las instalacións do centro a través dunha visita guiada, realizar actividades didácticas que lles axuden a comprender como funcionan e para que se empregan as máquinas de cálculo existentes e visita-lo Punto Neurálxico da Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia.
Na mostra podense ver perto de 70 pezas entre as que se atopan o primeiro ordenador da Universidade de Santiago; un disco duro de un metro de diámetro cunha capacidade de 10 kilobytes; calculadoras mecánicas a base de engranaxes de finais do século XIX capaces de realizar sumas, restas, multiplicacións e divisións; e discos, procesadores e módulos de memoria do que foi o maior procesador vectorial instalado en Europa.
 
PREDICCIÓN METEOROLÓXICA
Na visita á MeteoGalicia os visitantes poderán descubri-las fontes de información, os métodos e medios empregados na elaboración da predición diaria do tempo en Galicia; coñecer cómo funciona a rede de estacións de observación meteorolóxica de Galicia, descubri-lo funcionamento interno das simulacións por ordenador empregadas para predici-lo tempo e tamén os últimos avances en meteoroloxía que se realizan en Galicia.
Os visitantes poderán ver de primeira man diversos aparellos utilizados na observación meteorolóxica como un globo sonda e unha estación meteorolóxica, entre outros.
A posta en marcha de MeteoGalicia foi promovida pola Consellería de Medio Ambiente. Este servicio está formado por un equipo multidisciplinar de investigadores do Grupo de Física Non Lineal e do Departamento de Enxeñería Química da Universidade de Santiago de Compostela.
Actualizado ( 21.09.2005 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA