Ampliación do espazo de almacenamento permanente en disco para os usuarios de Finis Terrae
Desde o dia 29 de abril ampliouse a capacidade de almacenamento permanente e de alta dispoñibilidade para os usuarios no sistema Finis Terrae que anteriormente contaba con 1 Terabyte, multiplicándose até os 3 Terabytes. Esta ampliación realizouse grazas á adaptación do sistema baseado en tecnoloxías Fiber Channel que xa existía para o supercomputador Superdome, o cal tamén se integrou en Finis Terrae. O almacenamento permanente de alta dispoñibilidade complementa ao almacenamento temporal en disco de altas prestacións que conta cunha capacidade de 390 Terabytes.