UN TRABALLO REALIZADO NO CESGA GAÑA O PRACE AWARD'09 NA INTERNATIONAL SUPERCOMPUTING CONFERENCE
O artigo "High Scalability Multipole Method. Solving Half Billion of Unknowns" realizado por investigadores do CESGA, a Universidade de Vigo e a Universidade de Extremadura, foi galardoado co prestixioso premio PRACE AWARD 09 que recoñece o mellor artigo científico de entre todos os admitidos á International Supercomputing Conference (SC'09). A cerimonia de entrega será o próximo 23 de Xuño en Hamburgo, Alemaña, durante a Sesión inaugural da ISC'09. http://www.prace-project.eu/news/prace-award-2009-winner-announced http://www.supercomp.de/isc09/