O día 26 de febreiro instalouse a versión 3.5.3 do CPMD nos ordenadores HPC320, HPC4500, SVG e BW. Para utilizar este software deberá facer o seguinte:
1. Engadir no seu PATH o directorio de instalación, se non o ten feito xa. Por exemplo, na shell KSH: export PATH=$PATH:/opt/cesga/cpmd/bin
2. Executar a liña de comandos No HPC4500: cpmd [] No HPC320, SVG e BW: cpmd [] []
O día 14 de febreiro de 2003, instalouse a actualización correspondente a febreiro de 2003 da base de datos de CSD. Esta actualización contén 9.870 novas entradas na base de datos e inclúese automaticamente nas buscas, sen necesidade de activala. Se quere coñecer o contido da nova actualización, no programa ConQuest (arráncase co comando cq), seleccione as opcións View Databases -> Entries in CSD version 5.24 updates.
O Centro de Supercomputación de Galicia fíxose con dous premios no VII Encontro de Tecnoloxías da Información (ETI) celebrado o pasado 13 de febreiro en Santiago de Compostela. Estes Premios ETI, organizados polo seminario Computing e PricewaterhouseCoopers, en colaboración con Sun Microsystems Ibérica, buscan impulsar as mellores iniciativas para o desenvolvemento das novas tecnoloxías da información en Galicia.
Tratamiento, almacenamiento y difusión de información Raster con herramientas GIS
La Jornada se celebrará el próximo 19 de febrero en el Instituto de Investigación Agrobiológica, Avda. de Vigo s/n, Campus Sur en Santiago de Compostela.
The Global Grid Forum is pleased to offer a limited amount of scholarships available for students to GGF7, the Seventh Global Grid Forum, March 4-7, 2003 Tokyo, Japan.