Socios : APE (Asociación Provincial de Empresarias de Pontevedra).
Responsable: Ramón Basanta
Equipo:
Ramón Basanta
Jesús Arribi Vilela
Descrición :
Iniciativa sobre os medios de pago e comercio electrónico no pequeno comercio que analiza as necesidades tecnolóxicas do comercio minorista en Galicia. A Asociación Provincial de Empresarias de Pontevedra (APE), en colaboración co Centro de Supercomputación de Galicia, a través do Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia, participa no proxecto "Comerci@ -Alfabetización nas novas tecnoloxías das PEMES e da sociedade galega". Neste estudio, pioneiro en Galicia, analizaranse as necesidades prioritarias do comercio de detalle en Galicia e cómo as novas tecnoloxías poden axudar a superalas. A implantación das TIC neste sector podería ser unha solución viable para cubrir deficiencias e mellorar a concorrencia das empresas minoristas fronte á forte implantación das grandes superficies comerciais. O Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia colabora na parte tecnolóxica do traballo de campo que se levará a cabo en toda Galicia, a través dunhas enquisas, facendo especial fincapé nas cabeceiras de comarca, que nos últimos tempos experimentaron un incremento dos hábitos urbanos.