· Xeoloxía
· Litoloxía
· Xeomorfoloxía
· Risco de erosión
· Risco de inundación
· Edafoloxía
· Auga
- Medio Biolóxico
· Clima
· Vexetación
· Fauna
- Medio socioeconómico
· Paisaxe
Tanto a entrada como o proceso de datos desenvolvéuse co GIS ARC/INFO, por ser este un programa suficientemente potente para realizar a análise co elevado volume de información que se ía manexar. Cos resultados da análise desenvolveuse unha aplicación específica en Arcview de doado manexo.
A entrada de datos foi da seguinte maneira:
1. Construcción de mapas temáticos a partires da información recopilada sobre a base topográfica 1:25.000 adquirida no Instituto Xeográfico Nacional.
2. Escaneado de mapas.
3. Vectorización de mapas e xeración da base de datos asociada.
4. Cumprimentación da base de datos.
5. Integración desta e do mapa temático asociado.
6. Revisión dos datos inseridos.
O proceso de análise de información foi o seguinte:
1. Intersección dos diferentes mapas temáticos para a xeración de unidades temáticas.
2. Análise de cada unha das unidades temáticas
3. Intersección de cada unha das unidades temáticas para a obtención do mapa de zonas axeitadas e zonas excluintes.
4. Selección de 8 zonas para a ubicación da subestación no mapa de zonas recomendadas e excluintes.
5. Xeración do mapa de cuncas visuais de cada unha das localizacións elixidas.
6. Programación dunha aplicación para a súa visualización en Arcview.
Este último apartado incluíu unha serie de traballos encamiñados a rematar o proxecto, para que o seu manexo, utilidade e aspecto fosen os adecuados:
- Xeración de menús acorde co estudo.
- Xeración de programas capaces de imprimir á escala e coa lenda de mapa axeitada.
- Incorporación de foto satélite de toda a zona.
- Incorporación de fotos aéreas escala 1:18.000 de cada unha das zonas propostas.
- Xeración dun programa de instalación/desinstalación da aplicación para a súa mellor xestión.
Para cumprir o obxectivo final de chegar a unha serie de zonas óptimas para a localización da subestación eléctrica, realizouse un tratamento dos datos en catro etapas fundamentais:
1. Xeración de mapas temáticos
2. Xeración de unidades temáticas
<3. Xeración de mapa de zonas excluíntes e recomendadas
4. Xeración do mapa final e de cuncas visuais.
1. Mapas Temáticos
Cada un dos mapas leva unha base cartográfica especialmente pensada para unha doada ubicación. Esta base consta dos seguintes elementos:
· Reixa UTM
· Vias de comunicación
· Núcleos Urbanos
· Liñas de Alta Tensión
· Topónimos máis importantes
· Límites Municipais
Mapa Topográfico: construíuse a partir das follas escala 1:25.000 do Instituto Xeográfico Nacional despois da súa reconstrucción. É de señalar a aparición de múltiples defectos importantes nestas follas, o que supuxo a realización dun traballo adicional para a súa corrección.
Mapa Xeolóxico
Mapa Hidroxeolóxico
Mapa Hidrográfico
Mapa de Vexetación
Mapa de Fauna
Mapa Edafolóxico
Mapa de Usos do Solo
Mapa de Dereitos Minieros
Mapa de Espacios Naturais
Mapa de Espacios de Interese
Mapa de Planeamento Urbanístico
Mapa de Montes Comunais
Mapa do Patrimonio
Mapa de Infraestructuras, Proxectos e Enerxía
Mapa de Pendentes
Modelo Dixital do Terreo
2. Unidades Temáticas
Constrúense a partir da intersección dos mapas temáticos, obténdose os seguintes:
Mapa Xeomorfolóxico
Mapa da paisaxe
Mapa de Risco de Incendio e Inundación
Mapa de Risco de Deslizamento
Mapa de Condicións económico-ambientais
Exemplo de como do mapa miniero (esqda) e outros obtense o de condicións económico-ambientais.
Cada un destes mapas leva asociada unha base de datos na que se pondera cada un dos seus apartados.
3. Mapa de Zonas Excluíntes e Recomendadas
É o mapa resultado da intersección de tódalas unidades temáticas, de onde se seleccionarán as 8 zonas a ubicar a subestación eléctrica.
4. Mapa Final e Mapa de Cuncas Visuais
Mapa Final: Mapa onde se ubican as 8 zonas seleccionadas, cunha base de datos asociada na que quedan reflexadas os pros e contras de cada localización.
Zonas recomendadas e información asociada (esqda). Foto aérea escala 1:18.000 de cada zona
Mapa de Cuncas Visuais: onde se amosan as zonas do contorno de cada unha das localizacións dende os que resultaría visible a subestación nun radio de 7 Km.