Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Proxectos
Destacados

Conectados
523 visitantes
Total dende 21-12-05: 75374986 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

Mapa de Riscos de Galicia
PDF E-mail

Periodo : 11 / 1998 - 12 / 1998
Socios : Dirección Xeral de Protección Civil
Responsable: Francisco Landeira Vega
Equipo:
  • Emilio Abad Vidal. CESGA

Descrición :

O Mapa de Riscos de Galicia desenvólveo o CESGA para a Dirección Xeral de Protección Civil da Xunta de Galicia e pretende ser unha ferramenta de simulación para a avaliación de riscos potenciais que poidan afectar á comunidade de Galicia. Esta aplicación comprende ata o momento os riscos de inundacións e mapas de riscos de nevadas.



1.- Mapa de riscos de inundacións.

Neste apartado preténdese a elaboración dun mapa de riscos de inundación en Galicia, que permita a delimitación das zonas previsiblemente afectadas por un posible desbordamento dos encoros e/ou ríos, así como a identificación dos núcleos de poboación e vías de comunicación que requiran algún tipo de actuación. Esta análise realizouse ata o momento para os encoros de Ribeira e Eume no río Eume, e o embalse de Cecebre no río Mero aplicando distintos modelos e ferramentas para obte-las zonas de probable inundación.




2.- Mapa de riscos de nevadas.

O obxecto deste apartado é a elaboración dun mapa de riscos de nevadas en Galicia, que permita determina-las zonas que poden resultar afectadas pola neve en función das previsións meteorolóxicas e identificar aquelas entidades (municipios, núcleos de poboación, vías de comunicación) que poidan sufrir prexuízos e que requiran algún tipo de actuación.

Para crea-las áreas nevadas realizouse un GRID do terreo a partir do cal se pode introducir unha cota de neve e se obtén a zona afectada.

Estas zonas de nevadas pódense cruzar cos elementos, de dúas maneiras diferentes. Estes elementos poden ser analizados nunha vista xeral de toda Galicia, sobre a que se poden sobreimpresionar concellos, núcleos de poboación, vías de poboación (estradas principais, estradas secundarias e ferrocarril) ou pódese realizar unha análise a nivel de provincia, máis detallada, na que se analizan novamente cada un dos elementos mencionados con anterioridade, seleccionando elementos que se ven afectados pola neve. O resultado da análise plásmase nun mapa, sobre o que se pode pedir información medinte unha lista de elementos ou sobre aquel elemento afectado que nos interese.

Ademais pódese realizar unha análise concreta sobre as principais vías de comunicación e a súa quilometraxe, utilizando a segmentación dinámica do módulo NETWORK, que nos permite obter con exactitude quilométrica os tramos de estradas afectados.





Actualizado ( 19.09.2005 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA