Partners: Academy of Management (SWSPiZ) Coordinador. (Polonia), University of Oradea (Romanía), Die Berater (Austria), Training2000 (Italia), Associació Baobab (España), CESGA (España).
O proxecto PARENTS aborda o problema da preparación dos pais de adolescentes á hora de orientar aos seus fillos nos seus estudos ou opcións laborais futuras.
Este proxecto intenta non só proporcionar apoio para o desenvolvemento de competencias e habilidades entre os pais, senón reforzar o papel da formación entre pares (pais compartindo e aprendendo nunha comunidade de aprendizaxe) na educación de pais.
Estes obxectivos abordaranse a través dunha metodoloxía de aprendizaxe baseada en blended learning (aprendizaxe mixta) e ferramentas TIC, así como mediante a creación de materiais multimedia.