Partners: Die Berater -Coordinador- (Austria), Local Mission Agenais and Albret (Francia), Glotta Nova (Eslovenia), Further Training Centre for the Saxonian Economy (Alemaña)
Transfer (Eslovaquia), Reflexion Foundation (Holanda), Meter Silesia (República Checa), CESGA (España).
O proxecto YES (Youth Employment Support) é un proxecto europeo (Sócrates-Leonardo), que se centra na dificultade de emprego para os mozos que non completan os seus estudos obrigatorios, e outros grupos con desvantaxes persoais ou socioeconómicas. As Pemes son moi remisas para dar traballo a estes mozos. O proxecto YES deseñará e proporcionará un sistema de apoio baseado nas TIC, así como un modelo de formación específico para o persoal responsable dos recursos humanos das Pemes. Este proxecto tamén abordará a análise e avaliación de sistemas de aprendizaxe blended learning (aprendizaxe semipresencial) así como a adecuación das ferramentas TIC.