T-Maestro - Titor intelixente para a provisión de contidos formativos personalizados e adaptables en experiencias T-learning e M-Learning sobre MHP e DVB-H.
Periodo : 09 / 2007 - 08 / 2010
Socios: CESGA -coordinador-, IDTV (Interactive Dixital TV) grupo de investigación da Universidade de Vigo (Spain).
T-Mestre está enfocado ao deseño e desenvolvemento dunha contorna para a creación de cursos, válida tanto no ámbito de t-learning como no de m-learning, que teña en conta as peculiaridades destes medios e permita superar os principais problemas detectados nas tecnoloxías e-learning, principalmente derivados da dificultade para reutilizar contidos educativos que redunda nuns maiores custos e na imposibilidade de personalizar os cursos para adaptalos aos intereses de cada usuario. Para a consecución deste obxectivo, proponse o desenvolvemento dunha arquitectura de provisión de servizos t-learning e m-learning. T-Mestre tamén proporcionará unha plataforma de aprendizaxe para T-learning e M-learning, acorde aos principais estándares do e-learning (como SCORM), e da difusión (DVB-T, DVB-H) e televisión dixital (DVB-MHP).