O proxecto Software Senior tivo como obxectivo elaborar unha base de datos on-line accesible de recursos software dirixidos a persoas maiores con discapacidades físicas, visuais e auditivas. Para iso buscáronse, avaliáronse e testeáronse numerosas aplicacións informáticas que facilitan a accesibilidade para a utilización das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións como son os emuladores de rato, os emuladores de teclado, os programas sintetizadores de voz, os programas recoñecedores de voz e as aplicacións de mellora do rato e do teclado.