|
First PRACE Petaflop/s system ready for European researchers |
|
|
The Open Cirrus Cloud Computing Testbed |
|
10.05.2010 |
Dejan Milojicic, Director do OPEN CIRRUS, fará unha presentación do proxecto https://opencirrus.org a usuarios e persoal do CESGA. OPEN CIRRUS é un proxecto có obxetivo de desenvolver unha Plataforma Cloud de Computación de utilidade para científicos tanto dende o punto de vista do desenvolvemento de software como para o seu emprego por investigadores de diversas disciplinas na resolución de problemas científicos, e na que colaboran, entre outros HP Labs, Intel Research e Yahoo.
Título: Open Cirrus Cloud Computing Testbed
Ponente: Dejan Milojicic, Senior Researcher at HP and Managing Director OPEN CIRRUS
Data: 18 de Maio do 2010
Hora: 11:30h.
Lugar: Sala de Presentaciones do CESGA |
|
(+)
|
|
|
VII FORO DE INTERACCIÓN MATEMÁTICA APLICADA INDUSTRIA |
|
06.05.2010 |
Horario: de 09:30-18:00
Data: venres 11 de Junio de 2010
Lugar de celebración: Facultade de Matemáticas, Universidade de Santiago de Compostela. |
|
(+)
|
|
|
Publicada a Política de Uso dos servicios de Computacion |
|
30.04.2010 |
Condicións de utilización dos servicios de Computación do CESGA.
(+) |
|
|
O CERN EMPREGA SOFTWARE DESENVOLVIDO NO CESGA |
|
27.04.2010 |
O WLCG (Worldwide LHC Computing Grid), a infraestrutura grid creada para distribuír, almacenar e analizar os datos que se extraerán dos experimentos do Large Hadron Collider do CERN, está a empregar software desenvolvido polo Centro de Supercomputación de Galicia para EGEE, (Enabling Grids for e-Science) e EELA (e-science grid facility for Europe and Latin America). En concreto, o "Portal de Contabilidade" (Accounting) e o "Portal de Métricas" desenvolvidos para EGEE, e o software que permite utilizar o sistema de colas GridEngine.
(+) |
|
|
FÍSICOS DE ALTAS ENERXÍAS DA USC PARTICIPAN NO EXPERIMENTO QUE CAMBIARÁ A HISTORIA DA FÍSICA |
|
21.04.2010 |
Os primeiros datos reais dos experimentos do LHC empezan a chegar aos centros de computación, como o CESGA, para a súa posterior análise.
O 30 de marzo de 2010 o acelerador de partículas máis grande do mundo, o Large Hadron Collider, LHC, instalado no CERN, reproduciu as condicións existentes tras o Big Bang ao facer colisionar dous feixes de protóns cunha enerxía de 7 TeV (teraelectronvoltios). Nos experimentos participan miles de científicos de grupos de investigación de máis de 37 países, entre os que se encontra o *Grupo de Investigación de Altas Enerxías da Universidade de Santiago de Compostela.*
Dirixido polo catedrático Bernardo Adeva Andany, o Laboratorio de Física de Altas Enerxías da USC é parte integrante do equipo internacional a cargo do Silicon Tracker do detector do LHCb, un dos seis experimentos en marcha no LHC do CERN. O grupo da USC investiu 10 anos na construción do detector interno do Silicon Tracker, o Inner Tracker, empregando instrumental e tecnoloxía propios.
Varios dos seus membros desempeñan labores de coordinación no experimento no CERN. O grupo ademais opera un centro Tier-2 para o proceso de datos do experimento LHCb, e veñen desenvolvendo unha infraestrutura de computación grid para recepción e análise dos datos, en colaboración co Centro de Supercomputación de Galicia, CESGA, e a Universidade de Barcelona.
(+) |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|