Nova actualización de Cambridge Structural Database (CSD)
O día 22 de Setembro de 2009, instalouse a actualización de Setembro de 2009 da base de datos do CSD, contendo 11207 novas estruturas, o que supón un total de 494228 entradas na base de datos.
Ofertas de emprego para Técnicos de Proxectos. (+)
Actualizado ( 03.06.2010 )
GALICIA ESTREA O SEU PRIMEIRO MÁSTER EN SUPERCOMPUTACIÓN
O Máster en Computación de Altas Prestacións, HPC, poñerase en marcha no curso 2010-2011. Organizado e impartido pola Universidade da Coruña (UDC), a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), e patrocinado por Bull e Hewlett Packard (HP), vén a satisfacer a gran demanda de profesionais especializados nesta disciplina e as súas múltiples aplicacións, que teñen as universidades, centros de investigación e o sector privado. (+)
A XUNTA PRESENTA O PROXECTO “COMPUTACION NA NUBE”, ESCOLLIDO POR HP COMO UN DOS MELLORES DO MUNDO
O conselleiro de Educación destacou a importancia desta iniciativa de comunidade virtual para combater a dispersión no ensino no rural.
Grazas a este proxecto os membros da comunidade escolar do centro teñen mellorado a súa intercomunicación, e poden realizar actividades conxuntas, sen desprazarse, a través da rede.
O conselleiro de Economía e Industria louvou o traballo do Cesga que, para o desenvolvemento deste proxecto, “logrou captar a atención de HP Labs, en competencia internacional con iniciativas de alto nivel”, un “exemplo de competitividade que cómpre trasladar todos os centros tecnolóxicos e axentes do sistema galego de I+D+i”. (+)
Actualizado ( 13.04.2011 )
Aberta a inscrición para cursos de formación no CESGA
CURSOS DE VERÁN CESGA 2011:
Abertos os prazos de inscrición para os seguintes cursos de formación no CESGA:
Ferramentas de desenvolvemento de aplicacións paralelas: Debugging e análise do rendemento (12/09-16/09, 10:00 a 14:00 horas). Máis información e inscrición.