CESGA participa no Congreso internacional The New Generation in Strongly Correlated Electron Systems
Entre os vindeiros 3 e 8 de Xullo celebrarase na USC o congreso internacional "The New Generation in Strongly Correlated Electron Systems". Conta coa participación de 60 investigadores de máis de 20 nacionalidades distintas e terá lugar no novo edificio do "Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares" (CIQUS), que forma parte do Campus Vida da USC. O obxectivo do congreso é reunir a investigadores emerxentes no eido da física de sistemas de electróns fortemente correlacionados e promover colaboracións entre eles nunha atmósfera distendida. (+)
Actualizado ( 01.07.2011 )
A infraestrutura de Grid de EGEE ataca á gripe aviar
Durante o mes de abril, un grupo de laboratorios europeos e asiáticos analizaron 300.000 posibles compoñentes farmacéuticos para combater o virus H5N1 da gripe aviar, utilizando para iso a infraestrutura de Grid de EGEE. A utilización desta rede Grid, na que participou o CESGA, para identificar as pautas máis prometedoras á hora de realizar análises biolóxicas podería acelerar o proceso de desenvolvemento de fármacos contra o virus da gripe.
MATLAB e os seus produtos relacionados deixan de estar dispoñibles dende o día de onte (14 de xaneiro de 2010) nos servidores do CESGA, debido ao impedimento actual que impón a licenza emitida por MATHWORKS.
Por favor se considera necesario o seu uso nun futuro pongase en contacto con aplicacions@cesga.es
Actualizado ( 15.01.2010 )
MEDIO AMBIENTE, PORTOS DO ESTADO E CESGA ASINAN UN CONVENIO PARA DESENVOLVER MODELOS OCEANOGRÁFICOS
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, asinou xunto co presidente de Portos do Estado, Fernando González Laxe, e o presidente da Fundación Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), Ricardo Capilla, un convenio pioneiro que sitúa a Galicia na vangarda dos estudos oceanográficos. A través desta colaboración promoveranse actividades que melloren a capacidade científica, técnica e formativa destas institucións.
O acordo permitirá abordar a posta en marcha e avaliación dun modelo oceanográfico operacional para toda a fachada atlántica europea. Ademais, posibilitará a execución dun modelo oceánico rexional para a costa atlántica española que permita prever o comportamento da circulación oceánica e o nivel do mar no período 2000- 2050 en función de diversos escenarios de cambio climático. (+)
Actualizado ( 19.02.2010 )
CONVENIO DE COLABORACIÓN EN SUPERCOMPUTACIÓN ENTRE O CESGA E A FCSCL
A Fundación Centro de Supercomputación de Castilla-León (FCSC) e a Fundación Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA), formalizaron hoxe na Delegación territorial da Junta de Castilla-León en León, un Convenio de Colaboración na área de Supercomputación, que desenvolve e dá contido concreto na área de I+D+i aos acordos marco xa existentes entre os gobernos destas comunidades. (+)