O CESGA colaborará cos grupos galegos de usuarios de GNU/Linux
O CESGA e os Grupos Galegos de usuarios de GNU/Linux (GUGL) traballarán conxuntamente para lograr unha maior implantación do software libre en Galicia. O convenio que recolle esta iniciativa asinouse esta mañá nas dependencias da Xunta de Galicia.
O Cesga recibe o Premio Computerworld 2006 ao impacto no cidadán
O CESGA recibiu esta mañá o premio do semanario ComputerWorld ao Impacto no Cidadán. O motivo que fixo merecedor ao CESGA deste galardón é o esforzo realizado polo Centro para mellorar a calidade de vida dos cidadáns a través do I+D+i e de servizos eficaces, flexibles e transparentes. Este premio forma parte dos Premios ComputerWorld á Modernización TIC 2006.
Innovación e Industria presenta o Open Office en galego e o corrector ortográfico de software libre
O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, presentou esta mañá en Santiago as novas aplicacións informáticas en software libre que se poderán descargar de balde dende mañá, 17 de maio, do portal mancomun.org.
A Xunta de Galiza incorporarase á Rede Internacional de Administracións Públicas polo Software Libre
A Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Dª Elena Veiguela Martínez, manifestou a vontade da Xunta de Galiza de incorporarse á "Rede Internacional das Administracións Públicas polo Software Libre" na reunión que se celebrou hoxe con representantes da Secretaria de Telecomunicacions i Societat de la Informació da Generalitat de Catalunya, e Marcelo Branco, responsábel da "Rede Internacional das Administracións Públicas polo Software Libre" coordenada pola eneralitat de Catalunya e a "Fundació Observatori per a la Societat de la Informació de Catalunya (FOBSIC)".