Toman forma as e-infraestruturas que apoiarán os proxectos de e-Ciencia en Europa con Grid e HPC
O Grupo de Reflexión das e-Infraestructuras veñen de publicar recentemente unha folla de ruta na que se identifican, de xeito actualizado, os obxectivos das infraestruturas de rede, o software middleware e as organizacións, os recursos e os contornos de colaboración.
SIESTA (Spanish Initiative for Electronic Simulations with Thousands of Atoms), programa para realizar cálculos de estrutura electrónica e simulacións de dinámica molecular ab initio en moléculas e sólidos, é actualmente a aplicación máis usada no CESGA. Aproximadamente o 17% do tempo de CPU dispoñible nos servidores de cálculo do CESGA durante o ano 2009 foi empregado realizando simulacións onde as técnicas implementadas por SIESTA constituían a base do cálculo.
Silicon Valley financia un proxecto tecnolóxico do CESGA a desenvolver en Boqueixón-Vedra
No mes de xuño, HP Labs, a división de I+D de Hewlett-Packard en Palo Alto, California, aprobou tres proxectos na área de tecnoloxía cloud (en nube) e educación presentadas a nivel mundial. Unha destas propostas foi presentada desde as áreas de e-Learning e Sistemas do Centro de Supercomputación de Galicia, orientada a avaliar unha solución baseada en tecnoloxías cloud para proporcionar servizos de colaboración e aprendizaxe online ás redes de Centros Rurais Agrupados. As outras dúas propostas seleccionadas ,e que contarán con financiamento de HP Labs, foron realizadas por unha universidade norteamericana, e por unha universidade de Taiwan. (+)
Last Updated ( 07.07.2010 )
Posta en Producción da Actualización do Superordenador SVG
A actualización do superordenador SVG composta por 1200 núcleos de proceso AMD a 2.2GHz e 2400GB de memoria principal, esta dispoñible para todos os usuarios do centro.
Estudantes coruñeses reciben premio internacional en Supercomputación
Roberto Rey Expósito e Sabela Ramos Garea, estudantes da Facultade de Informática da Universidade dá Coruña, son os gañadores do primeiro premio do “The First International ComplexHPC Challenge” polo seu traballo “The F-MPJ Challenge: Solving Complex Problems on Hierarchical Architectures with Xava”. Trátase dun proxecto que mellora o rendemento da aplicación bioinformática ProTest3, a través do soporte eficiente que proporciona a biblioteca na que están a traballar, o F-MPJ.
A VU University Amsterdam outorga este galardón no marco do “ComplexHPC Spring School 2011”, co obxectivo de demostrar e pór de relevo soluciones de última xeración no campo do Complex HPC, recoñecendo as máis novas e reais para os problemas presentes nas actuais contornas de computación complexos, distribuídos, heteroxéneos e xerárquicos. O fin é facer máis eficiente e fácil para científicos e enxeñeiros, o uso de calquera tipo de computación ao seu alcance.
Máis información: http://www.cs.vu.nl/complexhpc2011/challenge.html