DIAPOSITIVAS DA XORNADA PREPARANDO A TRANSICIÓN a IP versión 6: O Futuro de Internet
Xa están dispoñibles na web do proxecto 6Deploy as diapositivas da Xornada "Preparando a Transición a IPv6: O Futuro de Internet", celebrada no Centro de Novas Tecnoloxias de Galicia o pasado 5 de abril. Poden descargalas aquí.
Actualizado ( 12.04.2011 )
O proxecto e-Hospital facilitará a aprendizaxe a pacientes con longos períodos de convalecencia
Ata un total de 25 pacientes hospitalizados no Juan Canalejo poderán continuar coa súa formación académica, grazas a un convenio subscrito entre a Universidade de Santiago de Compostela, a Fundación Juan Canalejo da Coruña e o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).
Nova versión e actualización da Cambridge Structural Database (CSD)
O día 1 de febreiro de 2007, instalouse a versión de 5.28 o 2007 e a primeira actualización de xaneiro 2007 da base de datos de CSD. En total, contén 403790 entradas na base de datos.