Programación paralela do superdome mediante directivas OPENMP
Datas: 13.12.2006 ó 14.12.2006 Horario: de 10:00 a 18:30h
Organiza: CESGA
Colabora: Departamento de Electrónica y Sistemas. UDC
Nº horas: 14
Lugar: Centro de Supercomputación de Galicia, Avda. de Vigo, s/n (Campus Sur) - Santiago de Compostela
Contacto:cursos
Dirixido a: Usuarios con grandes demandas de recursos computacionais que desenvolven os seus propios códigos (en C e/ou en Fortran) en diferentes campos da ciencia e a enxeñería, e que desexan coñecer técnicas básicas de programación paralela para a execución dos seus programas no supercomputador HP Superdome
Obxectivos: O obxectivo do curso é proporcionar unha visión completa e práctica de OpenMP (www.openmp.org), un conxunto de directivas estándar para a programación paralela de supercomputadores de memoria compartida. Estas directivas aplicaranse mediante a realización de prácticas guiadas á programación do
supercomputador HP Superdome.
Contidos:
* Introdución á programación paralela
- Niveis de paralelismo
- Tipos de arquitecturas paralelas
- Paradigmas de programación paralela
- Programación paralela no Superdome
* Especificación OpenMP no Superdome
- Características principais do estándar OpenMP
- Compilación e execución de programas OpenMP no Superdome
- Directivas para a construcción de paralelismo
- Directiva Parallel
- Directiva Do/for
- Directiva Sections
- Directiva Single
- Directivas de sincronización
- Directiva Master
- Directiva Critical
- Directiva Barrier
- Directiva Atomic
- Directiva Flush
- Directiva Ordered
- Biblioteca de rutinas OpenMP
- Variables de contorno
* Paralelización a nivel de lazo mediante OpenMP
- Pasos na paralelización dun programa
- Lazos potencialmente paralelos
- Técnicas de reestructuración de código
- Consideracións caché
- Análise de eficiencia
- Casos de estudio