Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Cursos
Destacados

Conectados
1847 visitantes
Total desde 21-12-05: 65392173 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA GESTIÓN

Accesibilidad

Curso: Modelos de optimización- Teoría, formulación e solución   Imprimir 

Datas: 15.06.2006 ó 20.06.2006
Horario: de 10:00 a 14:30h
Organiza: CESGA
Dirixido a: Profesionais –investigadores e practicantes- implicados na xestión da utilización óptima de recursos con apoio computacional, distribuído e/ou con ambiente de multiprocesamento.
Lugar: Centro de Supercomputación de Galicia, Avda. de Vigo, s/n (Campus Sur) - Santiago de Compostela
Contacto: cursos

O curso desenvolverase os días 15, 16, 19 e 20 de xuño en horario de 10:00 a 14:30 horas. As prazas son limitadas.

Obxectivos: Preténdese que ao finalizar o curso, o asistente teña a capacidade de:
1) formular un modelo matemático de optimización,
2) describir un algoritmo para a súa solución e
3) resolver o modelo coas ferramentas adecuadas.
Ademais, preténdese que o asistente saiba aplicar as condicións de optimalidade aos modelos máis usuais. Enfatizarase en particular na optimización lineal/enteira, a determinación de óptimos de funcións sen o cálculo explícito de derivadas e as vantaxes e inconvenientes da busca dun óptimo global.

  • MODULO 1: Teoría

1) Introdución aos modelos matemáticos de optimización: obxectivo, variables de xestión e restricións. Taxonomía dos modelos.
2) Recursos computacionais existentes: NEOS. Descrición dun modelo sinxelo de optimización lineal: formulación e solución. Variables duais e a súa interpretación económica.
3) O algoritmo distribuído de Bellman na solución óptima de camiños en redes. Programación fraccional como exemplo de análise de custo-beneficio. Teoría e estratexia de solución.
4) Modelo de optimización con variables enteiras: caso especial de optimización global. O algoritmo de ramificación e cota.
5) Modelos continuos e as condicións de Karush-Kuhn-Tucker. O problema sen restricións: Descenso óptimo, Newton e métrica variable. O modelo de restricións de caixas como caso especial.
6) A solución de problemas de optimización cando se descoñecen as derivadas: Novas condicións necesarias de optimalidade. A evolución dos novos algoritmos: Algoritmos de solución de funcións de aproximación e algoritmos non monótonos.
7) A optimización global: A imposibilidade da solución. Estratexias para buscas de mellores solucións. O algoritmo CGLS e heurísticas propostas.
8) O que non se cubriu. Discusión e conclusións.

  • MÓDULO 2: Modelado

1) Problema de optimización lineal (LP): aproximación do adestramento dun clasificador de tipo SVM (máquina de vectores soporte) como un programa lineal. Selección de parámetros mediante programación cóncava.
2) Problema de optimización con variable enteiras: selección de recursos en planificación de redes ópticas.
3) Problema de optimización con variables enteiras: planificación de tratamentos de radioterapia.
4) Problema de optimización global: maximización de cobertura de puntos de acceso de redes WLAN en exteriores.
5) Discusión e conclusións.

  • MÓDULO 3: Práctica (Juan Carlos Burguillo Rial)

1) A linguaxe CPLEX de especificación de LP e MIP.
2) A linguaxe GAMS de especificación de problemas de optimización.
3) Resolución de exemplos de LP e MIP con GLPK.
4) Resolución dun problema de optimización global mediante o método CLGS.
5) Discusión e conclusións.

Volver

 

Master HPC

CESGA APOYA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Registro
Nombre usuario

Contraseña

Recordarme
Recordar contraseña
Proyectos

Miembro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novedades
Dominio gallego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA