Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Cursos
Destacados

Conectados
1857 visitantes
Total dende 21-12-05: 65375672 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

CURSO ''Computación en clusters: instalación, administración e programación''   Imprimir 

Datas: 15.05.2006 ó 19.05.2006
Horario: de 10:00 a 15:00h
Organiza: CESGA
Colabora: Universidade da Coruña
Nº horas: 20
Lugar: Centro de Supercomputación de Galicia, Avda. de Vigo, s/n (Campus Sur) - Santiago de Compostela
Contacto: cursos

PRAZAS ESGOTADAS

Dirixido a:  Ata 18 titulados e profesionais que no seu traballo manexen arquitecturas clúster e pretendan realizar tarefas de administración. Profesionais que se formulen a implantación de solucións baseadas en arquitecturas cluster na súa empresa. O perfil ao que vai dirixido este curso é o de usuarios con necesidades computacionais importantes. Aberto a investigadores e empresas.

Dous alumnos como máximo por cada posto de traballo.

OBXECTIVOS: 

Preténdese que os asistentes adquiran os coñecementos introdutorios necesarios para a administración dun cluster. Para unha mellor consecución desta fin comezarase analizando esta arquitectura e as causas do seu auxe nos últimos tempos. Posteriormente iniciarase un percorrido polos distintos servizos que os clusters proporcionan aos seus usuarios ofrecendo unha visión global de que é o que se lle pide ao administrador dun clúster. As tarefas de administración abordadas irán desde a instalación dun clúster analizando as distintas opcións existentes ata o mantemento necesario e a implantación de novos sistemas e arquitecturas. Do mesmo modo, os contidos prácticos do curso perseguen que se consigan aplicar dunha forma inmediata os coñecementos adquiridos, así como identificar tarefas a realizar nun contorno real. Analizaranse as posibilidades de implantación de servizos sobre unha arquitectura clúster.

CONTIDOS:
 
Modulo I - Administración de Servidores Linux (8h)

Introdución á administración de Servidores Linux
Instalación de distintas distribucións de Linux
Configuración de rede local
Servizos de rede: NFS, DNS, NIS+ (ou LDAP), WWW e NTP
Alta de novos usuarios e as súas restricións (quota)
O kernel de Linux
Configuración de aplicacións
Breve introdución á shell scripting
Protección fronte a fallos: RAID, Backups e SAIs
Seguridade en linux (iptables e wrappers: hosts.allow/hosts.deny)

Modulo II - Programación de Clusters (8h)

Sesión I (4 horas)
Introdución ás Arquitecturas Clúster
Evolución histórica das Arquitecturas de Computadores
Conceptos de clustering e de redes de interconexión
Instalación dun clúster: selección de compoñentes
Administración de Arquitecturas Clúster
Xestores de colas: OpenPBS
Balanceadores de carga.Linux Virtual Server
SSI (BPROC) e middlewares
Sesión II (4 horas)
Paradigmas de programación e bibliotecas: MPI (MPICH) e Erlang
Programación en clusters: exemplos prácticos (servizos Erlang e scripts de envío de traballos MPI)
Almacenaxe de alta capacidade en sistemas clúster (SAN)
Sistema de ficheiros en clusters (CFS)

Modulo III - Aplicacións (4h)

Software de administración e monitorización de clusters
Problemas típicos en Extreme Computing
Clusters en aplicacións científicas
Clusters en aplicacións empresariais
Utilización de clusters como servidores www
BBDDen clusters

Volver

 

Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Acceso usuarios
Nome Usuario

Contrasinal

Lembrar
Lembrar o contrasinal
Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA