Lugar: Centro de Supercomputación de Galicia e Salas AccessGrid que o soliciten
Contacto:cursos
GRID superescalar é un contorno de programación que permite desenvolver doadamente aplicacións na GRID. O obxectivo é que a Grid sexa transparente ao programador, é dicir, que a aplicación do usuario se pareza o máximo posible a un código secuencial que se executa nun ordenador persoal. Por outro lado, GRID superscalar intenta aproveitar ao máximo os recursos dispoñibles na GRID, paralelizando de maneira automática a execución das tarefas da aplicación alí onde sexa posible. Tamén se fai cargo de todas as transferencias de ficheiros necesarias, selección de recursos nos que executar cada tarefa. etc. Na charla describirase o funcionamento de GRID superscalar, facendo especial fincapé na visión do usuario.
Resumo persoal:
Rosa M. Badia é Licenciada en Informática (1989) e Doutora en Informática (1994) pola Universidade Politécnica de Cataluña (UPC). Dende 1989 é profesora de estrutura e arquitectura de computadores e de Deseño VLSI. Actualmente, e dende 1997, é profesora titular de universidade no departamento de Arquitectura de Computadores da UPC. Na actualidade desenvolve traballos de investigacion nos temas de middleware para sistemas GRID, predición de comportamento e modelización de aplicacións paralelas e codeseño HW/SW en arquiteturas reconfigurables. É investigadora na rede de excelencia europea CoreGRID. Na actualidade é a lider do grupo de investigación en Grid computing e Clusters do Barcelona Supercomputing Center - Centro Nacional de Supercomputacion (BSC-CNS)